Como o movemento libertario excluiu a Mulleres Libres

A Agrupación Mulleres Libres naceu o 2 de maio de 1936 e durou ata o final da Guerra Civil. Tratábase dunha organización non mixta, de ideoloxía claramente libertaria e autónoma, xa que era completamente independente das outras 3 organizacións principais do movemento libertario (CNT, FAI e Xuventudes Libertarias) e aínda foi máis contundente á hora de mostrar a súa autonomía do resto de organizacións femininas (non feministas, xa que por aquel entón ese termo daba lugar a malas interpretacións), sobretodo da Asociación de Mulleres Antifascistas (AMA).

As súas discrepancias co AMA debíanse a que esta organización estaba completamente controlada polos comunistas, o cal supuña que se opoñían á revolución tendo como único obxectivo o de gañar a guerra e o máis importante, os seus sacerdotes eran moi lister… digo listos e despois de ler a súa Biblia interpretaron que o único motor da historia era a loita de clases, que o suxeito revolucionario era o proletariado no seu conxunto sen facer distincións entre homes e mulleres e que a principal opresión que se padece no capitalismo é a opresión económica sendo o resto subsidiarias e secundarias, polo que entendían que as Mulleres Libres preocupábanse por moitas “parvadas” ”intranscendentes” como a de superar a subordinación da muller ó home. A AMA falaba moito da importancia da unión de todas as organizacións femininas, pero Mulleres Libres entendían que máis que unión o que buscaban era unha absorción. A valente decisión de rexeitar a participación neste tipo de estruturas supúxolles o ter que renunciar a cuantiosísimas axudas económicas que desde a contorna libertaria era imposible de cubrir.

Entre os moitos proxectos que se desenvolveron desde Mulleres Libres, destacan:

-programas educativos: “capacitación de la mujer con un fin inmediato, urgente: ayudar de manera positiva a ganar la guerra. Capacitar a la mujer para liberarla de la triple esclavitud: esclavitud de ignorancia, esclavitud de mujer y esclavitud de productora. Capacitarla para un orden social más justo”.

-Emprego e programas de aprendizaxe: Mulleres Libres Madrid dirixía unha escola de mecánica, clases de costura, programas de formación para serventas e oficinistas, un taller para obreiras téxtiles e escolas de condución e metalurxia. En Barcelona tiñan seccións de traballo en transporte, metalurxia, servizos públicos, téxtil, servizo doméstico, sanidade, comercio e oficinas.

-Concienciación e apoio á militancia feminina: apostaron expresamente pola participación das milicianas no frente e pola capacitación, liberdade interior, empoderamiento: “cuando hayáis conseguido perteneceros a vosotras mismas, automáticamente pasaréis a ser personas con libre albedrío e igualdad de derechos sociales, mujeres libres en una sociedad libre que vais a construir junto con el hombre como sus verdaderas compañeras”.

-Maternidade: como diría Mercedes Comaposada, unha das 3 fundadoras da revista Mulleres Libres: “la mujer es un individuo, que poseía su valor independientemente de ser madre. No obstante, al mismo tiempo, queríamos asegurarnos de que hubiera un lugar para las madres. (..)Lo que queríamos por lo menos, eran madres conscientes. La gente tenía que poder elegir si querían tener hijos, cómo y cuándo, y saber como criarlos”.

-Educación dos fillos: “la pedagogía debe sentirse como arte; debe apoyarse en esa inspiración íntima y creadora”.

-Sexualidade: liberatorios de prostitución, defensa do aborto, control da natalidade e métodos anticonceptivos, críticas ao matrimonio e, aínda que na revista non quixeron profundar no tema para non levantar ampoias dentro do movemento libertario, tamén promoveron o amor libre, a homosexualidade e o pracer sexual.

-Programas para refuxiados e de servicios sociais con dúas categorías principais: por unha banda asilo, escolas e outros servizos para os desprazados ao retroceder os frentes e por outra banda asistencia a combatentes, visitas a soldados no frente e nos hospitais, lavado e cosido de roupa, etc.

Toda esta loita contou “en teoría” co apoio do conxunto do movemento libertario. O problema é que certos compañeiros non o tiñan tan claro. Pepita Carpena conta como un macho alfa das JJ.LL. reprochoulle: “tú que te crees tan liberada, tú no estás tan liberada, porque yo ahora, si te pido que me des un beso, no me lo darás”.  Obviamente Pepita respondeulle: “cuando quiero ir a acostarme con un tío, soy yo quien lo tengo que escoger”.    

Tampouco o tiveron fácil á hora de empuñar o fusil, Enriqueta Rovira cóntanos como colleu un tren cara a Barcelona para defender a cidade tan pronto como tivo constancia do golpe de estado, pero… “yo no había tocado  nunca una pistola ni una escopeta de juguete ni nada porque mi madre era reacia a esos juguetes. Salí con los compañeros a hacer lo que pude, me retuvieron porque dijeron que no era cosa nuestra (de mujeres), en fin. Dijeron: “deja esa pistola, tú no la sabes manejar, en tu vida has cogido una pistola y hay muchos compañeros que no tienen”. Total, que después nos pusimos a hacer barricadas, las familias, los barrios. Las mujeres que no podían intervenir, miraban porque no les faltara nada a los compañeros… Todos hacían algo”.

Máis bochornoso eran as faltas de respecto directas de supostos compañeiros que as chamaban: “Mujeres Liebres” (daquela o termo feminazi non estaba de moda). Non deixa de ser paradóxico que os propios machotes que ían ás casas de prostitución ou os music halls, chamasen lebres ás súas compañeiras por reivindicar o amor libre.

Ás veces as críticas viñan das propias mulleres compañeiras. As anarquistas veteranas como Libertad Ródenas e, sobretodo, Federica Montseny (xa sabedes que tiña un peculiar sexto sentido para equivocarse case sempre) non quixeron participar en Mulleres Libres, sendo incluso bastante críticas. Montseny non entendía pertinente crear unha organización específica de mulleres para reivindicar os seus dereitos, entendía que a nova sociedade xa liberaría a todos, tanto a homes como mulleres e resumíao nun contundente: “¿Feminismo? ¡Jamás! ¡Humanismo, siempre!”

O machismo non se limitaba a actos puntuais como os referidos, senón que tamén tiña un carácter orgánico. A finais de 1937 as Xuventudes Libertarias crearon unha Secretaría Feminina desprezando o traballo realizado polas Mulleres Libres no último ano e medio. As julis,  nunha circular surrealista afirmaron que esta secretaría non supoñía pisar ou competir coas compañeiras de Mulleres Libres, porque eles agrupaban ás mulleres novas en exclusiva e as Mulleres Libres podíanse centrar nas necesidades das mulleres adultas. O certo é que as mulleres máis activas de Mulleres Libres tiñan menos de 25 anos, mesmo ás veces menos de 20. A finalidade das julis non era outra que a de crear unha organización feminina supeditada e dirixida pola organización central anarquista rompendo coa autonomía e independencia que Mulleres Libres sempre reivindicou.

 O tempo pon a cada cal no seu sitio. A penas 1 ano despois, o Secretariado Feminino preparou un informe para o Pleno Nacional do FIJL no que seguía atacando a Mulleres Libres e solicitando que se limitasen a ser unha organización para mulleres adultas, pero despois afirmaban que “o reconocemos las características especiales de la mujer y para ello creamos un organismo con la suficiente independencia de actuación; o, por el contrario, negamos la existencia de las características especiales y no nos ocupamos más de este problema, deshaciendo como consecuencia las Secretarías Femeninas”, polo que semella que a postura de Mulleres Libres era bastante máis realista.   

Con todo, o máis doloroso foi a exclusión de Mulleres Libres do pleno de outubro de 1938. Pura Pérez Arcos cóntanos como:

“Partimos del puerto de Alicante la tarde del 7 de octubre en un pequeño barco inglés. En el grupo había gente de Madrid, Valencia y diferentes lugares de Andalucía. A nuestra pequeña delegación de Mujeres Libres la animaban las grandes esperanzas y expectativas que habíamos puesto en el Pleno. (…) Viajar esos días era muy peligroso, bien lo sabíamos todas. Los puertos sufrían bombardeos todas las noches y éramos viajeras ilegales de un barco británico que debía navegar muy cerca de los barcos de guerra franquistas. Estaba previsto que llegáramos a la mañana siguiente pero según nos aproximábamos al puerto, oímos cómo los fascistas lo bombardeaban. El capitán se dirigió al norte y dimos un rodeo que duró todo ese día y toda la noche, llegando finalmente a Barcelona, agotadas y hambrientas, la mañana del día 9.

Estábamos entusiasmadas y dispuestas a abogar por Mujeres Libres en el Pleno. ¡Pero ni siquiera nos permitieron entrar en el lugar de la reunión!”.

Así é, no referido pleno só participaron CNT, FAI e JJLL, a Emma Goldman permitíuselle asistir como observadora por ser a representante oficial da CNT de Londres e Mulleres Libres só puideron participar nas sesións décimo oitava e decimonovena (25 e 26 de outubro, lembrar que chegaran a Barcelona o día 9 rebentadas e sen comer) para participar no debate de “forma de incrementar os organismos auxiliares do Movemento Libertario”. Mulleres Libres pedía ser unha cuarta rama do movemento libertario pero non conseguiu maior recoñecemento que o de ser un “organismo auxiliar do movemento libertario”, parece ser que para moitos compañeiros: “unha organización especificamente feminina sería un elemento de desunión e desigualdade”. Os argumentos para rexeitar o seu recoñecemento como cuarta rama do movemento foron sobretodo estes 3:

-o anarquismo (e o sindicalismo) non admitía diferenzas de sexo e, por tanto, que unha organización orientada só a mulleres non podía ser verdadeiramente libertaria.

-Mulleres Libres estaba a causar confusión porque estaba a realizar un traballo que debía ser levado a cabo polos sindicatos.

-Mulleres Libres non debía funcionar como organización autónoma, senon como parte de sindicatos e ateneos.

Na súa resposta Mulleres Libres puxo de relevo que, sobre a autonomía, a situación única das mulleres españolas, facía necesaria unha organización que afrontase o patente fracaso da CNT, a FAI e a FIJL para atender a esta necesidade. Expresaron o seu enfado ante a constante demanda de que se xustificasen e de que probasen o seu valor e compromiso. Argumentaron que a organización traballaba tanto dentro como fóra dos sindicatos e que o traballo de capacitación e captación requiría un achegamento máis amplo e polifacético, e que ningunha das organizacións existentes estaba preparada para facelo. Ademais, Mulleres Libres representaba ás mulleres e os seus intereses no centro de traballo: por exemplo, loitando por un salario igual por un traballo igual, obxectivo que os sindicatos non defenderan con suficiente vigor. As oradoras reiteraban que Mulleres Libres non era unha organización separatista e que se opuxo á creación de sindicatos de mulleres alegando que as mulleres debían unirse aos homes, nas organizacións sindicais existentes. Por último, afirmaban que o anarquismo e o sindicalismo non eran un terreo exclusivo dos homes, e que como compañeiras tiñan o dereito e a responsabilidade de propagar as ideas e prácticas libertarias: “No puede esgrimirse contra nuestra autodeterminación el que el Anarquismo no admite diferencia de sexos, porque entonces habría que afirmar que, hasta ahora, nuestras Organizaciones Libertarias no eran tales, porque en ellas, no importa si por necesidad o por voluntad actuaban, casi exclusivamente, los hombres”.

Antes da finalización da guerra aínda recibiría Mulleres Libres un golpe máis. En decembro de 1938 o Ministerio de Facenda da República tivo a pouca vergoña de botar a Mulleres Libres do seu local, situado no Paseo Pi e Margall de Barcelona, para entregar o edificio a o… Banco de España???!!! A FAI si que mostrou o seu apoio (coas súas reducidas forzas nese momento) a Mulleres Libres pero a CNT non fixo case nada, polo que Lucías Sánchez Saornil recriminaríalles nunha carta ao Comité Nacional: “es una lástima que los compañeros hayan tenido siempre tan poco tiempo para conocer la labor más meritoria de Mujeres Libres y consecuencia de esto es el poco interés que puede inspirarles nuestro pleito”.

Curiosamente, a única vez que Mulleres Libres foi convocada como organización a unha reunión do Movemento Libertario sería xusto o día 24 de xaneiro de 1939 (xusto o día en que se evacuou Barcelona porque os fascistas chegaran ás portas da cidade, fai hoxe xusto 80 anos). Jacinta Escudero e Conchita Guillén foron as representantes de Mulleres Libres nesa reunión e puxéronse a disposición do movemento para o que fixese falla, pero “el movimiento nos dijo que nos lo agradecía mucho pero que era un sacrificio inútil puesto que no tenían fuerza ninguna y que debíamos marcharnos todos lo más rápido posible”.

Din que nunca é tarde se a dicha é boa, o problema é que esta vez non foi tarde, foi tardísimo. Evidentemente a revolución anarquista que se produciu durante a Guerra Civil española foi o movemento máis admirable e digno de respecto de toda a historia e non é xusto xulgala desde o prisma do que é politicamente correcto hoxe, 80 anos despoi; pero hai que recoñecer que en canto a igualdade e a reivindicación dos dereitos da muller estiveron bastante verdes.

Por comodidade non puxen as citas, pero obviamente este artigo, case na súa totalidade, é un plaxio do libro “Mulleres Libres” de Martha Ackelsberg.      

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.