Non hai tempo para facer as Naves do Metrosidero

Un millón de veces o dixeron as compañeiras da Insumisa: AS NAVES DO METROSIDERO SON UNHA ESTAFA.

Por si alguén tiña algunha dúbida, xa é oficial. As obras obviamente teñen que rematar en setembro do 2019 xa que tiñan un prazo de execución de 16 meses, 4 meses despois das eleccións. Isto quere dicir que os criminais da Malleira Atlántica o único que conseguiron foi desaloxar de maneira salvaxe as nosas compañeiras e facer literalmente as obras do CIDEA deseñadas 100% polo PP, un adefesio do que xa renegara ata os seus propios creadores.

A concelleira do encefalograma plano, Claudio Delso, máis coñecida por seus compañeiros co machista nome da «chavalita», fala dun «consenso» surrealista xa que tódolos partidos políticos da oposición xa dixeron que non comparten ese proxecto e que «foi deiseñado colectivamente por persoas e centros educativos da nosa cidade». Outra mentira máis, as xornadas «participativas» das Naves do Metrosidero celebradas no Centro Cívico da Cidade vella foron unha monumental cagada na que solo participaron uns cantos fanáticos dos hooligans mareantes. O paripé foi tan patético que nalgunha reunión so acudiron 7 persoas e ningún concelleiro tivo a decencia de participar. O mensaxe claro: «para facer o imbécil xa temos os nosos hooligans, nós pasamos de perder o tempo con chorradas».

Non deixa de ser curioso que falen dun novo proceso colaborativo Concello-cidadanía precisamente a mesma semana que Proxecto Cárcere ten que cerrar as portas porque a Malleira Atlántica incumpliu tódalas súas promesas, convertendo en papel mollado todo o paripé do concurso público. Un fracaso histórico que destroza cruelmente o magnífico traballo que nosas compas levaban facendo durante 8 anos. Por si alguén non se enterou o voltamos a dicir: os centros sociais teñen que ser autoxestionados, hai que traballar contra tódalas institucións e non da manita delas e supeditadas ós seus caprichos electorais.

Atrás quedan os cínicos: «pensade no ben colectivo da cidade», «queremos que sexa un espacio para toda a cidadanía (sobretodo para os votantes do PP), non só para vosoutras», «estamos a ser moi dialogantes», «eu puxen o corpos por vosoutras», «como molan a coxestión da Harinera de Zaragoza, que non vos gusta, entón os prometo o modelo do Asilo de Nápoles aínda que nosos técnicos xa nos dixeron 80 veces que non era viable», «non os vamos a desaloxar», «non vai ser un desaloxo violento», «nós non reprimimos os movementos sociais»…

A Malleira Atlántica xa esgotou tódalas súas mentiras hai moito tempo, xa non enganan a ninguén. Que esperen uns poucos meses porque a campaña anti-electoral deste ano promete.

SE NOS TOCAN A UNHA TÓCANOS A TODAS!!!

10, 100, 1000 CENTROS SOCIAIS!!!

VÉMONOS NAS RÚAS!!!!

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.