Xornadas sobre traballo sexual no Ateneo Libertario Xosé Tarrío e na Comuna

Moito se fala des traballadores sexuais sen eles, chegando ás veces a adoptar actitudes paternalistas e estigmatizando máis o traballo sexual. Por isto, quixemos organizar estas xornadas coa participación de traballadores sexuais da Unión Sindical de Trabajo Sexual e Asturias C Caye pra ter a oportunidade de aprender sobre qué é o que reivindican, deconstruir prexuicios que temos, preguntar dudas ó respecto e debatir e reflexionar sobre o traballo sexual.

As xornadas terán lugar os días 17 no Ateneo Libertario Xosé Tarrío e 18 no Centro Social A Comuna:

Sábado 17 no Ateneo (Rúa Gil VIcente 17):
16:30: Os diferentes modelos legais de prostitución. Situación no noso país (Saisei-chan, Unión Sindical de Trabajo Sexual -USTS-)
17:00: O traballo a terceiros baixo a falta de dereitos (Martina, Traballadora Sexual)
17:30: Que pedimos es Traballadores do Sexo? (Saisei-chan)
18:15: Rolda de preguntas e aportacións
19:00: Cinefórum e debate

Domingo 18 na Comuna (Rúa Doutor Ferrant 8):
16:30: Prostitución masculina (Lucas Lord, Traballador Sexual. Colectivo Caye)
17:00: Actitudes cara á prostitución femenina: o estigma puta (María Martínez, Secretaría do Colectivo Caye)
17:30: O Traballo Sexual e a trata de seres humanos
18:15: Rolda de preguntas e aportacións
19:00: Videofórum: El día que los tacones se organizaron
20:30: Peche das xornadas e conclusións

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.