Fecha o Ateneo Libertario A Engranaxe

Despois de 5 anos o Ateneo Libertario A engranaxe fecha as suas portas. Junto co despejo da Insumisa e o Escárnio, som já tres locais os que cesam a sua atividade em pouco menos de ano e médio. Sem dúvida umha grande pérdida de infraestrutura para o espaço libertário galego.

Cinco anos nos que este espaço ofreceu umha grande atividade e que deixará um vazio na cidade de Lugo.

Desde aqui agradecer a labor que fixo e desexar o melhor para os caminhos que estam por vir.

Comunicado de despedida do Ateneo libertario A Engranaxe

O pasado mes de abril cumpríanse 5 anos dende que o Ateneo Libertario A Engranaxe abría as portas, 5 anos de traballo, de esforzos e de moita ilusión.

Neste tempo, entre presentacións de libros, obradoiros, xornadas, grupos de estudios e moitas actividades máis, fomos aprendendo, coñecendo xente, formando parte de diversas accións e sempre co obxetivo de crear tecido social, dende a horizontalidade e a autoxestión, pero todo ten un fin.

Levamos con nós o aprendido, o disfrutado, as persoas, as experiencias…

Vemonos nas rúas e nas barricadas, saúde e liberdade!!

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.