Marhuenda negando de novo o golpe de estado franquista

A GUERRA CIVIL COMEZOU NO 1931!!???
Por moi esperado non é menos indignante. Este «señor» é profesor de Historia da Cultura Comercial e Sociedade na «prestioxísima» universidade Rei Juan Carlos, ademais de director do panfleto de extrema dereita La Razón e tertuliano estrela en todos os programas de telelixo.

Xa todas coñecemos a teoría do zumbado de Pío Moa de que a Guerra comezou en 1934 coa Revolución de Asturias, pero é que Marhuenda o supera, di que comezou en 1931??!!! Para este energúmeno se non hai Monarquía xa está sustificado un golpe de estado militar. Claro que da dictadura de Primo de Rivera non di nada, por que non di que comezou a Guerra no 23?

Os mesmos que están en contra de sacar a Franco do Valle dos Caídos para «non abrir feridas» ó mesmo tempo que fan campaña de quitar lazos amarelos en Cataluña (iso non abre feridas?) afirman que non son franquistas pero que o golpe de estado o fixo a República e Franco non tivo responsabilidade ningunha no estalido da Guerra Civil.

En España en lugar de un partido de extrema dereita como no resto de Europa temos dous, pero tan hipócritas que non se atreven a recoñecer os seus «ideais».

https://www.antena3.com/programas/espejo-publico/noticias/el-enfado-de-paco-marhuenda-en-espejo-publico-el-presidente-del-gobierno-es-un-pijo-que-estudio-en-un-colegio-de-ricos_201808275b83bbb00cf293e7f4d98055.html

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.