3º aniversario: Marea Atlántica xa non engana a ninguén

Este foi o patético acto da Marea Atlántica para celebrar o seu 3º aniversario. Como eles mismos din: “a pé de rúa e rodeadas dunhas cantas ducias de amigas”. Así é, tanta publicidade e so conseguen que unhas ducias de amigas  lles escoite, amigas por certo, ben remuneradas: 8 concelleiras, numerosas asesoras e membros da directiva de Marea, coleguitas como o alcalde de Ferrol e a diputada Yolanda Díaz, así como algún trepa coñecido por cobrar dos contratos menores ou que quere aparecer nas listas electorais do próximo ano. Chama a atención que a pesar do bo tempo e da abundante cantidade de cidadáns que transitaban pola rúa peonil da Gaiteira, casi ninguén se detivera a escoitar as súas chorradas. A vivenda familiar do alcalde atópase a escasos metros de onde se celebrou o acto, pero é que nin as súas veciñas o queren ver.

Na foto da entrada (extraída do seu propio Facebook aínda que pareza que a saquei eu mesmo para vacilar) pódese ver o monumental fracaso desta convocatoria. O ponente non é outro que Xan Xove, o autonombrado soldado do diálogo, é dicir, o que so sabe dialogar coas armas no man, o mellor todavía, o que so sabe dialogar cando ten detrás o corpo armado da policía local. Este vendido é o portavoceiro da coordinadora de Marea, o mesmo que hai uns anos cantaba: “arroja la bomba, escupe metralla” ou “bota, bota, bota y echa la pota”. Outro milagrosa transformación ás que xa nos ten afeitos os da nova política.

Como xa é habitual nas convocatorias públicas da Marea Atlántica, houbo un forte deplegue policial. Ó parecer hai moito tempo que nosas concelleiras non se atreven a acudir sen ter os pistoleiros ben preto. Das 10 concelleiras so faltaron 2: Sande o Judas, supoño que non pudo acudir porque era o día do deporte na rúa e outra máis que non me lembro ben, quen puido ser… acertáchedes todas!, Rocicop semella que tampouco apareceu, por qué será?

P.D.: algunha lectora observadora preguntará, “non falta por comentar a metade da historia?”. Pode que sí, pero esta vez non serei eu quen a conte. Como diría certo político: “fin de la cita” e da crónica tamén.

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.