Continúan as Xornadas Libertarias: este venres ás 19horas na Unión Anarcosindicalista.

Continuamos coas Coruña Libertaria – II Xornadas Anarquistas Este venres ás 19:00 (ollo, non é ás 20:00 como o resto das xornadas!) proxectaremos na Union Anarcosindicalista Coruña (Rúa Washington 36) a película “¡Viva Zapata!” (1952, 1h 50min) de Elia Kazan e teremos ó director galego Alber Ponte comentando cousas sobre o filme.

A Continuación procederemos coa charla sobre o movemento agrario na comarcal de San Pedro, onde se reunían campesiños de distintos municipios para organizarse, a cargo de Ramón Boga.

Penso que a orde é o contrario, primeiro a charla e logo a película, pero que máis da! Mañá todas ás 7 na Unión Anarcosindicalista!!!

Deixa un comentario