[Coruña] O Concello segue sen pagar un traballo audiovisual realizado en decembro

En decembro do ano pasado, xente da «Cooperativa de Cine y Documental» realizou uns vídeos e fotos promocionais pra ACCEDE Papagaio/Emprendemento Coruña; traballo que o Concello xa difundiu aínda que non pagou xs traballadorxs (15 persoas de equipo e modelos figurantes) os 9.619€ que se lles debe. Como sinalan os traballadores, os responsables son o Concello da Coruña, a Concellería de Emprego e Economía Social e o Centro Municipal de Empresas ACCEDE Papagaio, co concelleiro Alberto Lema á cabeza.

Promocionar o emprego non pagando o traballo realizado? Acordouse efectuar o pago polo traballo en febreiro, aínda que o prazo máximo que tiñan pra pagar é dun mes. Cando xa pasaron dous meses, púxose unha denuncia no xulgado. Tras isto, chamou a secretaria de Lema pra unha reunión o 14 de marzo para nada, pois non daba data de pago nin nada.

Tras isto, fixéronse varias movilizacións no municipio coruñés. En María Pita o alcalde Xulio Ferreiro achegouse cunha actitude caciquil pra dicir que en dous días estarían pagados. De novo, fume: pasaron dúas semanas e  nada. O sábado pasado tocou en San Agustín (mentres que por outra banda compas da Insumisa facían un escrache á Marea no Centro Cívico da Cidade Vella, que estaban a ver qué facían co espazo autoxestionado despois de reprimir á xente e desaloxalo), onde Lema achegouse a dicir que pagarían antes de rematala semana e… adivinades? Exacto: nin un céntimo.

Pois ben, con estes antecedentes nos situamos este sábado 21 de abril na entrada do centro empresarial ACCEDE Papagaio, onde tiña cabida un acto do concello co nome de «Dillo ti», evento pra crear a ilusión de que o pobo ten voz na maneira na que actúan os partidos políticos. Neste acto podías acudir e expresar as túas queixas, sempre moderada por unha persoa pagada concretamente pra iso, pra moderar… tantos concelleiros e concelleiras e non podía moderar unha delas? Bueno, a verdade que vendo os seus antecedentes cortando turnos de palabra e negándolle o micrófono a persoas que non son afíns ó Partido igual non era mala idea que deixaran de moderar elxs.

Fóra do edificio, na praza, reuníronse ás 12:00 varias persoas da Cooperativa de Cine y Documental, da Unión Anarcosindicalistas e outras persoas a nivel individual pra protestar contra a morosidade do Concello, gritando consignas como «Xulio Ferreiro, moroso e mentireiro», «queremos cobrar polo noso traballo», «Marea, ACCEDE, paga o que debes» e cunha pancarta que puña «Concello!! Paga o que debes». Durante a duración da concentración, un par de compas entraron ata a porta automática que daba paso á sala onde era o acto dxs morosxs e quedaron lendo un cartaz que había pegado na porta, provocando que esta se abrira facilitando ós concelleiros e concelleiras a tarea de escoitar ben as queixas emitidas dende fóra, mais non tardou moito en vir a escolta a dicir que se retiraran, chegando incluso a bloquear a porta automática pra que non se abrira cando alguén se aproximaba. Isto desembocou en escenas cómicas onde persoas querían entrar o acto e se quedaban diante da porta desconcertadas sen comprender por qué non abría e, cando abrían manualmente, colábanse os berros de loita de fóra xunto con esa persoa.

Agardouse ata o final do acto, esperando a saída dos membros do Concello para recriminarlles a súa hipocresía e mentiras, pero no seu lugar recriminouselles a súa cobardía, xa que non saíron por onde saíu todo o mundo. Na sala había un telón detrás do cal se meteron e polo visto por aí había outra saída por onde fuxiron (pra as persoas que vexades a serie Fariña, igual vos soa esta escea na que Sito Miñanco, Laureano Oubiña e compañía fan o mesmo pra escapar da xustiza durante un acto da Xunta). Non teñen nin a coraxe de prantar cara ás súas responsabilidades, e mirade que cara teñen, e moi dura.

Seguiremos informando sobre futuros eventos para reclamar o pago do traballo realizado pra o Concello; traballo do cal xa se leva facendo uso dende hai tempo. Mentres tanto, o Concello queda retratado polos seus actos: hipócrita, moroso, mentireiro e cobarde.

J.

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.