Este caradura aprópiase da loita dxs nosxs irmáns

Cando semellaba que a provocación, o cinismo e o esperpento non podía chegar a máis, atopámonos cun anuncio do Concelleiro de Cultura, Sande, no que nos conta que ten a “xenial” idea de crear un proxecto chamado Grupo Xerminal, que non ten outro fin que o de dar diñeiro a uns coleguitas a ver se consegue que algún julai sen principios os volva a votar nas próximas eleccións.

O realmente vomitivo chega cando este impresentable dinos que a idea de chamarlle Grupo Xerminal, é a de render unha homenaxe ao centro de estudos Germinal que estivo a funcionar na nosa cidade desde principios do século XX ata o golpe de estado franquista e enriba o anuncia o mesmo día que o seu partido aproba a orde de desaloxar o CSO Insumisa.

Lembrar que o centro de estudos Germinal foi o principal espazo do anarquismo coruñés do primeiro terzo do século XX en Coruña. Nos seus 34 anos de historia sufriu a represión das autoridades que non dubidaron en pechar as súas portas en repetidas ocasións, así como a persecución policial dos seus membros máis activos. Foi un exemplo de autoxestión no que a pesar dos seus precarios recursos chegou a ter a mellor biblioteca privada da época, nas súas diversas sedes (tivo que cambiar en varias ocasións de sede, tanto polos seus problemas económicas como polas persecucións políticas) celebráronse centenares de reunións, charlas, exposicións, obras teatrais e musicais, mitins, conferencias, clases, organización de excursións, etc.

Germinal foi un valiosísimo exemplo de dignidade e rebeldía, un referente e exemplo a seguir para organizacións como o CSO Insumisa e o Ateneo Libertario Xosé Tarrío, que hoxe en día facemos o posible para cubrir o enorme baleiro que deixou a desaparición dos ateneos e centros de estudos sociais desa época.

Ver a ese concelleiro pijo con aspecto de hipster pseudo intelectual, a ese Judas traidor sen escrúpulos que nos menos de 3 anos que leva en política xa traizoou todos os supostos ideais que tiña, apropiándose do exemplo e do nome dos nosos irmáns, é unha auténtica aberración. Que lle quede claro a Sande, a súa política aseméllase máis á deses falanxistas que pecharon o Germinal por última vez no ano 1936, secuestrando os miles de libros da súa biblioteca e queimándoos na fogueira do Parrote, que á deses comprometidxs loitadorxs que foron perseguidxs e moitas veces asasinadxs, na súa incansable pelexa en busca dun mundo mellor.

Sande, polo menos ten a dignidade de cambiarlle o nome á merda dos teus proxectos. SEN VERGOÑA

One thought on “Este caradura aprópiase da loita dxs nosxs irmáns

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.