Europa volve condenar a España: queimar fotos do rei é liberdade de expresión e non merece carcel

Por segunda vez consecutiva no prazo dun mes o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos afealle a conducta á xustiza española. Se antes foi polos malos tratos os detidos e a impunidade xudicial dos corpos represivos, agora é pola persecución da liberdade de expresión. A nova sentencia do TEDH considera que o estado español vulnerou a liberade de dous mozos cataláns que foron condenados a quince meses de prisión (que eludiron co pago de 2700 euros de multa) por queimar fotos do monarca durante unha protesta celebrada en Xirona no 2007. A sentenza non só exonera os represaliados, aos que o tribunal supremo considerara responsables dun delito de odio, se non que impón ao reino borbónico unha indemnización de 9000 euros a repartir entre ambos. Consideran, de xeito unánime, que a queima de fotos do xefe do estado “entra dentro do ámbito da crítica política ou a disidencia e corresponde á expresión dun rexeitamento da monarquía como institución” polo que en ningún caso sería unha incitación á violencia contra o rei, como o xulgaron os tribunais españois.

Chove sobre mollado, pois xa no 2011 o TEDH fallara no mesmo sentido en favor de Arnaldo Otegui por chamar ao actual rei emérito “xefe dos torturadores”. Naquela ocasión tamén consideraron que os tribunais españois vulneraran a liberdade de expresión do líder abertzale, ademáis de calificar a condena a un ano de prisión e inahabilitación para cargos públicos como “severa e desproporcionada”.

Pero é que o mes pasado este mesmo tribunal xa condenara a españa a indemnizar con 50.000 euros a dous etarras torturados pola guardia civil (ainda que consideraron as malleiras que ocasionaron rotura de costela, hematomas e perforación pulmonar como trato degradante e non torturas, que era o que pretendían tres dos sete maxistrados) –notícia aquí neste mesmo blog-.

Semella que europa comeza a cansarse dos desmáns do goberno español en materia de ataques sistemáticos a liberdade de expresión (persecución de cantantes polas súas ideas políticas, twiteros por contar chistes, ou blasfemos por rirse do catolicismo…). Pois ata Amnistía Internacional expresaba no seu último informe a súa profunda preocupación coa deríva liberticida do estado, mesmo ata solicitando a derrogación do delito de enaltecemento do terrorismo.

Nós festexamos a nova patada no cú a xustiza fascistoide española con esta sana mostra de liberdade de expresión:

Despreocupádevos, ningunha guitarra sufriu malos tratos na elaboración da viñeta.

M.Morral para a Irmandade da Costa

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.