Así foi a manifestación autónoma do 8M na Coruña

O pasado xoves tivo lugar na Coruña a manifestación autónoma polo 8M ás 19:30 na Praza de Pontevedra, organizada pola Asemblea Galegas 8M. Cómpre destacar que o organizaba esta asemblea, conformada por diversos colectivos feministas e mulleres a título individual, co obxectivo de “repensar o 8 de marzo en clave galega, diversa, inclusiva e horizontal”, xa que grazas ó fetiche bandeiril de sindicatos como a CIG houbo xente que chegou a pensar que era convocada polos mesmos. Nada máis afastado da realidade, a manifestación tivo un carácter interseccional e combativo totalmente á marxe de sindicatos. A manifestación, igual que no 4M en Vigo, ía encabezada por colectivos feministas e mulleres a título individual, seguido logo dos sindicatos (e os seus axentes publicitarios) e quen quixera sumarse.

*Tamén hai que ter presentes ás que querrían sumarse mais non podían, aquelas mulleres en situación de precariedade para as que sumarse á folga podería significar perder o seu traballo; ou todas as mulleres presas, reprimidas polo Estado e a Democracia ademáis de polo patriarcado.

Durante a marcha até o Campo da Leña fixéronse varias paradas:

A primeira foi en INTERMON OXFAM, pra denunciar “os diferentes casos de violencia sexual que se están a vivir no seo das ONG occidentais, como é o caso de Intermon Oxfam, aproveitándose da vulneravilidade das mulleres en situacións extremas que, en situaciónd e precariade, son extorsionadas e presionadas para utilizar o seu corpo como moeda de cambio para acceder a alimentos e servizos básicos para a súa supervivencia ou das súas familias”. Tamén comunicaron que se están a recoller denuncias de traballadoras de dita empresa que son sometidasa unha situación de precariedade polos cargos selectos, homes, que parobeitan a súa situación de poder “para acosar e presionar a manter relacións sexuais a traballadoras en postos base”.

A segunda parada foi na Igrexa Castrense. Isto podía ir para longo, mais decidiron facer un “resumo”da “máis poderosa empresa internacional con ánimo de lucro”, lembrando todo o que lle negou á muller: a sexualidade, autonomía, liberdade de abortar e todo o que saia da heteronormatividade cis. Tamén denunciaron todos os casos de pederastia e erradicación de culturas enteiras dos que a Igrexa é responsable. Remataron dicindo que “Eva non é a culpable do nacemento do pecado, senón dunha das maiores virtudes do ser humán que é a desobediencia”.

Continuouse co barrio do Papagaio, tradicionalmente o barrio das putas, “mulleres que viviron aquí e se organizaron durante anos nos seus diferentes locais, tecendo unha rede de apoio contra a estigmatización, a marxinalidade social e a exclusión á que estiveron sempre expostas”. Falaron de cómo o poder decidiu xentrificar a zona, polo que introduciu a heroína no barrio pra aniquilar organización destas mulleres (ninguneadas e avasalladas tanto polo fascismo como por esta suposta democracia) e devalúar as súas condicións de vida pra montar un bulevar ó servizo do capital. Rematan criticando ó Mercadona que hai actualmente: “Agora de aquí xa botaron as putas, mais neste bulevar case baleiro e completamente infrautilizado atopamos o Mercadona. A estratexia continúa a ser a mesma, as mulleres do Mercadona están a denunciar a esta empresa por presionar e negar conciliacións laborais con fillos dependentes, xornadas abusivas, despedimentos por maternidade ou represalias por non querer realizar horas extra sen remunerar, en resumo, un ataque contra os dereitos laborais básicos das traballadoras”.

A última parada foi no Campo da Leña, onde rememorouse “o importante movemento libertario de mulleres que participaron na resistencia contra o fascismo cunha rede de casas de acollida ata a chamada “Caída das Atochas” a raíz do 10 de xullo de 1937. O desmantelamento da rede de anarquistas da Coruña, concentrado na clandestinidade no barrio obreiro de Atochas-Montealto, foi un dos máis sanguentos e descoñecidos episodios da ditadura, que deixou ducias de asasinades e detides ao longo de 10 días de represión e execucións. Mulleres libres e libertarias, humildes e solidarias, coma María Otero Gonzáles e Alicia Dorado (asasinadas o 10 de xullo), ou as duramente represaliadas Basilia Álvarez, Aurora Miguélez Pena, Consuelo Meitín, Sebastiana Vitales Gascón e moitas máis que tiveron un papel protagonista nesa resistencia e recuperación do movemento libertario, acollendo nas súas casas a compañeires perseguides que precisaban agocharse dos horrores da represión franquista”.

Dito isto, o Campo da Leña encheuse de mulleres loitadoras de todas as idades pra escoitar o Manifesto de Galegas 8M para o Día das Mulleres 2018, lido entre varias compañeiras procurando a representatividade e visibilidade da diversidade dentro da loita pola liberación da muller, fuxindo do feminismo branco, a heteronormatividade e a exclusión de persoas trans. A medida que avanzaba a lectura do manifesto, os berros de raiba e liberación escoitados na praza ían a máis.

A guinda do pastel puxéronna dúas compañeiras que penduraron unha pancarta na que se lía “Mulleres en loita; libres e combativas” e prenderon dúas bengalas diante do Campo da Leña mentres berraban “aquí está, aquí se ve, o feminismo galego en pé”.

Até que todes sexamos libres!!!
A revolución será feminista ou non será!!!

J.

2 thoughts on “Así foi a manifestación autónoma do 8M na Coruña

  1. Tenéis más cara que espalda. “Autónoma” una manifa de la CiG y el BNG?

    Iros a la mierda, jetas de los cojones. Ya nadie cree en vuestras mierdas.

    1. Boas, Carlos. A manifestación do 8m de Coruña convocada ás 19:30 na Praza de Pontevedra foi organizada pola Asemblea Galegas 8M, como explico no artigo. Isto podes comprobalo facendo click aquí: https://www.facebook.com/events/131118154380360/ ou mirando calquera cartaz da convocatoria, onde o único “logo” presente é o dunha muller cun altofalante no que está escrito “galegas8M”, non hai ningunha referencia ó BNG nin á CIG en ningunha parte (sobra dicir que a habería de ter convocado ditos sindicatos). Outra cousa é que houbera bandeiras e demáis na manifestación; tamén había bandeiras de Acción Antifascista de Coruña mais esta non organizaba en absoluto. A Asemblea Galegas 8M está formado por moitas mulleres que a nivel individual participan noutros movementos e centros sociais, e non vouche negar se me dis que en dita asemblea hai xente do BNG ou da CIG, mais non se pode dicir que a manifestación fose da CiG e do BNG porque é directamente mentir e desinformar, cousa que xa fan os mass-media e un dos motivos polos que se creou esta páxina. Espero haberte informado ben e a ver se pra a próxima pensas un pouco mellor as cousas e contrastas información antes de dicir disparates.

      J.

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.