Mañá venres 17 de maio ás 12h no Obelisco, concentración pola morte de Escudero na cadea de Teixeiro

MAÑÁ VENRES 17 DE MAIO ÁS 12 HORAS, CONCENTRACIÓN NO OBELISCO POLA MORTE DO COMPAÑEIRO PEDRO ESCUDERO GALLARDO NA PRISIÓN DE TEIXEIRO. Hoxe nos comunicaron a tráxica morte de noso compañeiro Escudero abrasado na súa celda da prisión de Teixeiro. Escudero padecía un cáncer de larinxe con metástase moi avanzado e levaba 25 anos de Read More …

Nordês nº13

Já está para descargar o número treze do periódico Nordês. Umha colaboraçom entre o jornal digital A irmandade da costa e Ardora (s)ediçons anarquistas.  Nesta entrega os artigos: Origens do 1 de maio. Luitas nas prisons. Escravos «km 0». Pastora sempre contigo! Animamos a fotocopiar e difundir Descarga: · Nordês nº13

Jornada de apresentaçom do Encontro anarquista do livro em Compostela

18:00h · Apresentaçom do encontro que terá lugar o 10, 11 e 12 de maio 18:30h · Palestra: “Galiza nas redes anarquistas intenacionais” A cargo de Eliseo Fernández. Num esquema mental com centro en Madrid ou na Uniom Europeia, fica claro que Galiza joga um papel periférico, mais nem sempre foi assim. No início do Read More …

Encontro Anarquista do Livro em Compostela

Encontro do Livro Anarquista em Compostela  O que é? -Um espaço autogestionado arredor do livro-Umha oportunidade para encontrar-nos, conhecer-nos e para estabelecer relaçons com coletivos, individualidades, projetos políticos e culturais, movimentos sociais…-Umha proposta para ler, escuitar e debater sobre o anarquismo e o movimento libertário e anti-autoritário Onde?-As apresentaçons, obradoiros, debates, projeçons ou postos de distris Read More …

Encontro Anarquista do Livro – Porto

II Encontro Anarquista do Livro – Porto25, 26, 27 e 28 de Abril de 2019CSA A Gralha O Encontro Anarquista do Livro 2019 (Porto) decorrerá entre os dias 25 e 28 de Abril de 2019, no CSA A Gralha.Num contexto marcado pela crescente capitalização da cidade, de manutenção de oligarquias económicas, intelectuais e artísticas, de desigualdades estruturais e Read More …

Programa das Jornadas anti-carcerárias de Vigo

Difundimos a programaçom completa das jornadas: Os vindeiros quatro, cinco e seis de abril organizam-se em Vigo umhas jornadas anti-carcerárias onde se pretende dar luz a um sistema tam escuro e opaco coma é o sistema penitenciario. Abordaram-se diferentes pontos de vista en torno os cárceres e as diferentes formas de repressom e destruçom deste Read More …

A Coruña libertaria, terceiras xornadas anarquistas

Difundimos o programa das xornadas: Do 22 de Abril ao 9 de Maio de 2019  Luns 22 ás 20:00h  Presentación das xornadas Exposición: Guerra Civil.. Revolución social, obxectos recuperados, fotos, xornais, paneis informativos… Permanecerá aberta todas as tardes do luns 22 ao domingo 28  Ateneo Libertario Xosé Tarrío. Rúa Gil Vicente n°17 Mércores 24 ás Read More …

Nordês nº12

Já está para descargar o número doze do periódico Nordês. Umha colaboraçom entre o jornal digital A irmandade da costa e Ardora (s)ediçons anarquistas.  Nesta entrega os artigos: Conscienciaçom ou esvaziado do feminismo. Melhor Pippi. Sanidade em prisom. Solidariedade com Carmen Badía Lanchos. Teto trasladado a prisom de teixeiro. Animamos a fotocopiar e difundir Descarga: · Nordês nº12

Nordês nº11

Já está para descargar o número onze do periódico Nordês. Umha colaboraçom entre o jornal digital A irmandade da costa e Ardora (s)ediçons anarquistas.  Nesta entrega os artigos: As prisons nom som feministas. A greve da `Canadense´. Liberdade para Antonio Nieto Galindo. Animamos a fotocopiar e difundir Descarga: · Nordês nº11

O cazador que disparou contra as animalistas é militar (novas provas e vídeo)

O cazador que disparou en forma de ameaza ás activistas animalistas durante o campionato do raposo da Terra Chá é militar e fillo do Concelleiro de Deportes de Cospeito polo PP, Daniel Paz. Ademais o campionato celebrado o pasado Sábado 9 estivo cheo de irregularidades. O sábado 9 celebrouse un novo campionato de caza do Read More …

Malleira Atlántica presenta o cadáver do CSO A Insumisa

Tras nove meses do desaloxo máis violento da historia da nosa cidade, o goberno de Marea Atlántica presenta o proxecto «Naves de Metrosidero», o vindeiro mércores 13 de febreiro ás 19:30h no concello, proxecto nado a raíz do cadáver do CSO A Insumisa e que supón un auténtico insulto á autoxestión e autonomía dos Movementos Read More …

VI Semana de loita contra as fronteiras

Comeza hoxe en Vigo e Compostela a VI Semana de loita contra as fronteiras cunha palestra sobre a lei de estranxeiría. Deixamos a continuación toda a información publicada no evento. VI Semana de loita contra as fronteiras O Foro Galego da Inmigración, Raias Traveseiras, ODS-Coia e Grupo de Axitación Social (GAS) lanzamos a VI Semana Read More …

Carta aberta á assembleia de coidados (ou coidado com estas assembleias!)

A greve geral do 2013 resultou ser umha jornada mui combativa pela sua radicalidade (bancos destroçados, coches policiais picados, barricadas de lume,…) e na memoria colectiva dos movementos sociais fica coma máis umha fita destes. Mas a repressom cebou-se com seis das nossas companheiras anarquistas e em especial comigo, já que eu só eu sumava Read More …

Nace a Coordenadora de Centros Sociais do Sul

Ainda que xa levan tempo organizando actividades e protestas conxuntas, desde hai uns días botaron a andar unha páxina de facebook desde onde difundir actividades e comunicados. Comunicado da coordenadora A Coordenadora de Centros Sociais do Sul nace ante a necesidade e inquedanza de crear un espazo de comunicación, apoio e construción en rede entre Read More …

Ardora publica o quarto número da revista

O coletivo Ardora (S)ediçons anarquistas publica o quarto número da sua revista que se pode adquirir nalgum dos pontos de distribuiçom. Ou bem recebê-la na casa subscrevendo-te a través do correio: ardora@bastardi.net.  Deixamos a continuaçom a editorial e o índice de conteúdos. Editorial Tés na tua mao o quarto número da revista Ardora. Um número que conta Read More …

Como o movemento libertario excluiu a Mulleres Libres

A Agrupación Mulleres Libres naceu o 2 de maio de 1936 e durou ata o final da Guerra Civil. Tratábase dunha organización non mixta, de ideoloxía claramente libertaria e autónoma, xa que era completamente independente das outras 3 organizacións principais do movemento libertario (CNT, FAI e Xuventudes Libertarias) e aínda foi máis contundente á hora Read More …

Pechado o cuarto de contención no CHUAC

No último número do xornal Nordês falamos sobre a contención mecánica e a campaña que se está a realizar para o cese desta práctica. Hai uns días chegounos a nova do peche do cuarto de contención no complexo hospitalario universitario de A Coruña. Deixamos a continuación o comunicado emitido polo Movemento Galego da Saúde Mental, Read More …

Xornada antipsiquiátrica em Compostela

Difundimos a información do evento: O vindeiro venres 25 de xaneiro ás 20:00 terá lugar unha Xornada Antipsiquiátrica no CSOA O Aturuxo das Marías na que proxectaremos o documental «Mad Worlds» (Mundos Tolos). De aproximadamente media hora de duración, o documental é o capítulo #17 da serie «Trouble» realizada polo colectivo anarquista canadiense Sub.Media cuxa Read More …

Números ganhadores das rifas solidárias com as encausadas tras o g-20 em hamburgo

Na jornada solidária com as represaliadas do g-20 em Hamburgo, que tivo lugar na Corunha os dias 18 e 19 deste mês, figerom-se públicos os números ganhadores das rifas. Estes números som o 127, o 262 e o 410. Quem tenha um número premiado pode escrever a esta conta de correio para conseguir as cestas Read More …

Sobre o fazer profissional desde e com os feminismos: reflexons e posicionamento

Difundimos este texto publicado em Revirada, revista feminista Somos Mari Fidalgo, Mar Cendón e María Rosendo. Desde há dous anos conformamos umha equipa multidisciplinar de investigaçom e açom, orientada ao trabalho de despatriarcalizaçom de espaços e grupos. Consideramos que revisar e desmontar as relaçons de poder, ao tempo em que construímos coletivamente ferramentas de empoderamento, Read More …

Xornada antiprohibicionista en Compostela

Difundimos da web da Xuntanza Antiprohibicionista O vindeiro sábado 19 de xaneiro de 2019 volveremos celebrar o San Kanuto en Compostela. Este ano comezamos ás 12:30h no CSA do Sar coas Conversas Antiprohibicionistas onde nos acompañarán: Nacho Rivero (Durru), fundador de asociacións pioneiras galegas coma AVE María ou o Clube de Consumidores de Cánabo do Condado, ademáis de ter presidido a AICC(asociación que xestiona o foro cannabiscafe.net), repasará dende a Read More …

Apresentaçom em Compostela dum protocolo contra as violências machistas nos movimentos sociais

Difundimos esta interessante convocatória que terá lugar amanhá em Compostela, às 12.00 na Libraría de Mulleres Lila de Lilith, rua travesa 7. «Prezada companheira,Como sabes, as agressons sexistas nos movimentos sociais som umha realidade quotidiana. Nom se trata de episódios isolados, nem raros, muito menos extraordinários. Ao contrário, fam parte das dinámicas relacionais e, de tempos Read More …

Nordês nº10

Já está para descargar o décimo número do periódico Nordês. Umha colaboraçom entre o jornal digital A irmandade da costa e Ardora (s)ediçons anarquistas.  Nesta entrega os artigos: Crónica da XIX Marcha a Teixeiro. Justiça patriarcal e política patriarcal. Fagamos da contençom mecánica algo do passado. Ademais falaremos sobre o traslado da companheira presa Lisa e sobre o historiador Read More …

Pequenas correccións a un libro do compañeiro Carlos Taibo

Está claro que o compañero Carlos Taibo leva moitos anos facendo un gran traballo de difusión das ideas libertarias, sendo o libro “Los olvidados de los olvidados”, un gran exemplo. Un libro conciso, didáctico e moi agradable de ler, pero na miña opinión presenta algún erro que convén aclarar. Na sección titulada “El terrorismo anarquista” Read More …

Crónica e fotos da XIX Marcha a Teixeiro

Transcurriu case um ano desde a última marcha à prisom de Teixeiro; outro ano cheio de diversas torturas às pessoas presas por parte das carcereiras (isolamento, dispersom, malheiras, desatençom/negligência médica, contençons físicas, regime F.I.E.S., medicaçom forzosa, chantagens, humilhaçom a familiares, crminalizaçom da solidariedade a pessoas presas…). Por isto voltarom-se a organizar marchas a diferentes prisons Read More …