Comunicado da plataforma polas 6 detidas na operación ICE trala retirada da maioría dos cargos

Difundimos este comunicado da «Plataforma por las 6 de Ice»  tralas últimas novidades no caso. Animamos a consultar a súa web para coñecer máis sobre a súa situación e de como apoiar ás compañeiras. Baixan os cargos O xoves 17 de maio recibimos o escrito de acusación da fiscalía. Despois de tres anos de investigación por Read More …

[Lugo] Concentración contra a «Ordenanza Mordaza»

Difunimos esta convocatoria convocada polo colectivo Lugo sen mordazas.  Concentración contra a Ordenanza Cívica, máis coñecida como «Ordenanza Mordaza» que quere aprobar o Concello de Lugo. Xoves día 31 ás 9:45 diante do Concello (Praza Maior) coincidindo co pleno. Achégate e protesta ante a represión contra as organizacións e colectivos sociais, así como a persecución Read More …

[Compostela] Ardora apresenta: Mulheres contra o cárcere

O próximo dia 16 de maio, quarta-feira, terá lugar no CSA do Sar umha jornada organizada pola coletiva Ardora (s)ediçons anarquistas. A atividade: Mulheres contra o cárcere. Reflexos, vivências e luitas, contará com o grupo anti-carcerário Les trois passants (Toulouse) que às 19:00h apresentaram o documentário «Nos robaron las noches» e despois terá lugar um encontro Read More …

11 de junho, chamamento a solidariedade com xs prisioneirxs anarquistas com condeas de longa duraçom

Reproduzimos este comunicado da web de pt-contrainfo.espiv.net. 11 de Junho, 2018: Um dia contra o olvido 11 de Junho é um dia internacional de solidariedade com Marius Mason e todxs xs prisioneirxs anarquistas a longo prazo. Uma centelha na eterna noite da repressão estatal. Um dia dedicado a honrar todxs aquelxs que nos foram roubadxs. Read More …

Paus de cego contra colectivos e persoas anarquistas. Outra operaçom arquivada

Hai dous meses informáramos do arquivo da operaçom pinhata. Difundimos agora este texto com informaçom recolhida do blogue O gajeiro na gavea no artigo que podedes acceder no seguinte enlace, que repasa as últimas operaçons contra o entorno anarquista e o recente arquivo da operaçom pinhata. O final vai umha traduçom também de O gajeiro na Read More …

As alegacións da Insumisa ridiculizan ao concello

Se hai dúas semanas falábamos do inicio do proceso de desaloxo do C.S.O. Insumisa, agora xs okupas respostán con retranca nas súas alegacións ao requerimento de expulsión ditado polo concello «do cambio» coruñés. Hoxe finalizaba o prazo para interpoñer recurso e esta foi a resposta, cursada nun rexistro oficial, dende a asamblea do Centro Social: Read More …

[Barcelona] Fascistas queiman o Ateneu Popular de Sàrria

Esta mañá, entre ás 3 e 4, o Ateneo Popular de Sàrria foi víctima dun ataque fascista, resultando calcinado e deixando varios destrozos e pintadas como esvásticas, cruces celtas ou ameazas como «CDR, estáis muertos» (dirixíndose aos Comités en Defensa da República). Polo visto, a escoria fascista entrou por unha fiestra traseira e comezou destrozando Read More …

[Sevilla] Os seis da Macarena: prisión preventiva por okupar vivendas para xente sen fogar

O xoves 15 de febreiro, varias persoas de Corrala Dignidad, proxecto que ten como obxectivo “recuperar espazos abandonados evitando a súa ruina, converténdoos en vivendas e fogares sociais de persoas sen fogar”, okuparon varias vivendas baleiras pra xente sen teito no inmueble construido sobre o solar do que hai tempo era o mítico CSO Casas Viejas, Read More …

Preparando o terreo

Con todo o rebumbio mediatico ao redor da derogación da cadea perpetua (mal chamada na orwelliana neolengua do poder como “prisión permanente revisable”) decidín rescatar este vello artigo que publiquei hai cinco anos en “ Abordaxe”. Pois non deixa de ser curioso que, sendo españa uno dos países coa taxa de delincuencia máis baixa da Read More …

Crónica e video da manifestación en memoria de Mame Mbaye e contra o racismo institucional (A Coruña)

O pasado domingo, 18 de marzo, varios centos de persoas marcharon polas rúas coruñesas denunciando a morte do manteiro senegalés Mame Mbaye tras dunha redada policial no barrio madrileño de Lavapiés. A protesta foi convocada pola asociación África Universal, en repudio do racismo institucional e en recordo do falecido. Tras dun emotivo inicio, ás 19 Read More …

Que está a pasar nos cárceres? Algunhas novidades en torno a loita anticarceraria e a situación dalgunhas compañeiras presas

Facemos un repaso do acontecido últimamente en torno aos cárceres e a loita anticarceraria nalguns puntos da xeografía ibérica así como tamén falamos de situacións de especial interese noutros estados onde compañeiros presos seguen en pé de loita. · Galiza: Hai uns días falabamos da situación de Alfonso Miguel Codón Belmonte, trasladado o hospital a causa Read More …

A nova política xa ten o seu morto. ASASINOS!!!!

  Hoxe un mantero morreu en Lavapiés mentres era acosado pola policía municipal da “nova” política. Un home morto por vender 4 merdas sen licenza. Que noxo! Acórdome de Pablo Carmona máis coñecido como Panzer e activista histórico de Traficantes de Sueños, o cantante “ molón” de Hechos contra el decoro, Nacho Murgui, okupas e Read More …

Un preso de Teixeiro sometido a maltrato tenta suicidarse

Un pequeno grupo de solidarixs protestou o pasado venres ás portas do Hospital Clínico de Santiago de Compostela para denunciar a situación do preso Alfonso Miguel Codón Belmonte. O día anterior fora trasladado a ese hospital tras o seu enésimo intento de suicidio a raíz dos malos tratos, as malleiras e a tortura psicolóxica que Read More …

Europa volve condenar a España: queimar fotos do rei é liberdade de expresión e non merece carcel

Por segunda vez consecutiva no prazo dun mes o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos afealle a conducta á xustiza española. Se antes foi polos malos tratos os detidos e a impunidade xudicial dos corpos represivos, agora é pola persecución da liberdade de expresión. A nova sentencia do TEDH considera que o estado español vulnerou a Read More …

O caso do 20J: Arrestadxs nunha protesta anti trump o dia da sua xura coma presidente – 200 persoas enfróntanse a 6 décadas en prisión só por participar nunha manifestación

Fai xa un ano e uns meses que Trump é presidente. O pasado 20 de Xanerio de 2017 foi a ceremonia inaugural do seu mandato e a súa toma de xura coma presidente en Washington D.C. Para plantarlle cara a todo o que suporía o pesadelo que está a ser o seu mandato, activistas de todo tipo fixeron unha chamada ao boicot inaugural. A intención: interromper o que podería supoñer a lexitimación do Fascismo 2.0 en Read More …

Morre un combatente galego na defensa da revolución curda

O pasado 10 de febreiro o galego Samuel Prada León caeu en combate baixo o lume e a metralla co que o exército turco pretende afogar en sangue a revolución social no curdistán sirio. Samuel, de orixe galega pero afincado en Andorra, escollera o alcume de guerra de Baran Galicia (choiva galega). Morreu xunto a Read More …

Europa condena a españa por «tratos inhumanos e degradantes» a detidos

O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos condenou ao estado español a indemnizar cun total de 50.000 euros a dous membros de ETA torturados pola Garda Civil en 2008. Considera que os detidos sufriron «tratos inhumanos e degradantes». Tamén censura a falta de investigación dos feitos, nos que o tribunal supremo español non apreciou delito no Read More …

Crónica da concentración pola liberdade de expresión (A Coruña)

Onte, mércores 14 de febreiro, varias ducias de solidarixs démonos cita fronte ao obelisco coruñés para protestar contra «o estado policial e pola liberdade de expresión». A concentración foi convocada por Acción Antifascista Coruña en solidariedade coa vaga de represaliadxs por expresar opinións contrarias ao réxime en cancións, redes sociais ou pintadas. Cada día son Read More …

Liberdade de expresión en 1904 vs liberdade de expresión no 2018

Este artigo o escribín en decembro do 2014 pero desgraciadamente é máis actual que nunca, de feito, o próximo mércores temos unha concentración no Obelisco ás 20h: “en defensa da liberdade de expresión e en apoio a Pablo Hasel, a Insurxencia, Valtonyc, Alfredo Ramírez, Julen Ibarrola, artistas, humoristas, xornalistas e twitteiros, perseguidos polas súas opinión, Read More …

Un Mosso recoñece que a policía busca machacar ós manifestantes de forma sistemática

Moitos de vós xa oiriades falar do síndrome de Sherwood. Trátase dun Proxecto Fin de Master de David Piqué i Batallé, Comisario Xeral dos Mossos d’Esquadra, realizado no 2009. https://15mpedia.org/w/images/d/df/Pique_david_master.pdf O obxectivo deste traballo é o de cargarse o movemento okupa do barrio de Gracia de Barcelona. O traballo enteiro non ten desperdicio, pero neste Read More …

Arquivo da Operación Piñata: outro montaxe policial desmontado

Artigo extraído de Contra Madriz no seguinte enlace: Arquitectura, mitología, folclore y operaciones antiterroristas. [Archivo Operación Piñata] ARQUITECTURA, MITOLOGÍA, FOLCLORE Y OPERACIONES ANTITERRORISTAS. [ARCHIVO OPERACIÓN PIÑATA] Nota de ContraMadriz: El miércoles 31 de enero de 2018 se empezaba a correr como la pólvora la noticia del archivo provisional de la Operación Piñata. El Juzgado de Read More …

Isto é a Lei Mordaza: análise detallado da súa aplicación

É de vital importancia ler a Lei Mordaza ou polo menos artigos explicativos como este. Lembrar que na mani solidaria co CSO Escarnio e Maldizer, puxéronse 120 multas de 800€ e moitos compañeirxs pagaron rápidamente para acollerse o desconto por pronto pago. Cántos deles tiñan dereito a xustiza gratuíta e nin sequera sabían que podían Read More …

Aprazado o xuizo contra a nosa compañeira Aida

Finalmente hoxe non se puido celebrar o xuízo contra a nosa compañeira Aida, quedando aprazada a vista oral para o próximo 27 de xuño. O xuíz, tomando unha decisión bastante incomprensible, comunicounos que esta cita só era para buscar unha conformidade entre a imputada e o fiscal (acordo imposible de chegar pola petición absurda da Read More …

A 18ª Marcha a Teixeiro e o novo ridículo de La Voz de Galicia

(Non foi ata rematar de redactar este artigo que me decatei de que outro compañeiro xa escribira a súa propia crónica da marcha de este ano, mais ó ser un blogue informal publícoo igualmente, que non pasa nada por repetir unha vez o contido de dous artigos, ademáis van unhas fotiños pra compensar.) O pasado Read More …

Por qué os anarquistas nos opoñemos ás prisións?

Este panfleto foi o que se repartiu na concentración do Obelisco de onte. Como podedes ver, todavía non fora aprobada a prisión permanente revisable (cadea perpetua, para que falar con eufemismos) e por fortuna xa non hai 76 000 presxs en prisión (hai sobre 60 000) pero os argumentos seguen a ser tan válidos como Read More …

Crónica da XVIII marcha a prisión de Teixeiro

Aínda que cun pouco de atraso, onte realizouse a 18º marcha a Teixeiro. Como xa é habitual, a garda civil fixo o mesmo despregamento espectacular de todos os anos facendo controis a case todos os participantes (algúns afortunados conseguiron zafar, cousa rara). Nesta ocasión parecía que os de verde estaban un pouco cansos de facer Read More …

Madeira Atlántica multa o Gómes Gaioso por pegar un cartaz!!!!!

Vergoñento, nauseabundo, indignante, faltan palabras para expresar tanto noxo. A Madeira Atlántica, ese partido que enmerdou tódalas rúas cos seus cartaces electorais pegando centos de cartaces en espazos ilegales, incluso en muros e paradas de bus nos que se sinalaba literalmente: «prohibido pegar carteles», que tamén puxeron deceas de pancartas nas pontes sen cumprir ningunha Read More …

Multan a 5 antifascistas en Coruña: Basta de Lei Mordaza!

O pasado 28 de setembro celebrouse unha contramanifestación no Obelisco, para amosar o noso rexeitamento á convocatoria da organización de extrema dereita, «Foro LC», organización encargada de convocar tódolos actos ultrapatrióticos casposos máis propios do franquismo que dunha sociedade supostamente «democrática». No transcurso desta contramanifestación, según o atestado policial, coreáronse cánticos moi «ofensivos» como: «fascistas Read More …

COPEL e asasinato de Agustín Rueda: máis mentiras da «transición»

En febreiro de 1977 Agustín, xunto con outros compañeiros anarquistas, cruza a fronteira polos Pireneos cataláns con explosivos, coa idea de realizar accións armadas en España, sendo detidos pola Garda Civil grazas ao chivatazo dun confidente da policía. Desde o seu ingreso en prisión, Agustín organízase na COPEL (Coordinadora de Presos en Loita), a cal Read More …