Nordês nº04

Já está para descargar o quarto número do periódico Nordês. Umha colaboraçom entre o jornal digital A irmandade da costa e Ardora (s)ediçons anarquistas.  Nesta entrega: Criminalización da okupación e resistencia, feminismo antipunitivo, A origem anárquica do dia do orgulho gay, conflito em Cushamen e a morte de Santiago Maldonado, e moito mais.   Animamos Ler máis …

Feminismo antipunitivo: Eliminando a maçá podre nom salvamos todo o cesto

ou por que o cárcere de alguns nom é a liberdade de todas nós A violência que vivemos cada dia pode ser direta, mas o é também simbólica e estrutural. A violência institucional e o seu cometido fai-se evidente com casos recentes como o mediático caso da Manada. Apesar de denunciar a inclinaçom androcéntrica, e Ler máis …

Contra a violencia machista

Os feitos que se describen nestes comunicados ocorreron no 2008 en Iruña, pero aínda son moi lembrados dentro dos ambente libertarios  pola conmoción causada. Jokin Castilla era o cantante do grupo anarko punk Asto Pituak, un dos grupos máis emblemáticos en toda España dentro deste xénero musical , moi apreciado polos seus posicionamentos políticos e Ler máis …

[Publicación] 8 de marzo contra o capital e outros textos

Damos difusión a este compliado de textos feito por compañeiras de Rosario, no territorio Arxentino. A publicación está composta por varios textos publicados no boletín anarquista “La oveja negra”, boletín da biblioteca e arquivo histórico-social Alberto Ghiraldo, e por outros textos repartidos na cidade de Rosario. Para descargalo podedes facelo a través deste enlace. Aquí Ler máis …

Análise crítico do 8 de marzo, día da muller traballadora

O pasado xoves, 8 de marzo produciuse un dos actos máis multitudinarios a efectos de mobilización nesta cidade e non só pola celebración do día internacional da muller TRABALLADORA.  Dende vai décadas o poder incorporou esta data na axenda pública, roubándolle a etiqueta de traballadora, baleirándoa de contido e deixándoa no día da muller, onde Ler máis …

Así foi a manifestación autónoma do 8M na Coruña

O pasado xoves tivo lugar na Coruña a manifestación autónoma polo 8M ás 19:30 na Praza de Pontevedra, organizada pola Asemblea Galegas 8M. Cómpre destacar que o organizaba esta asemblea, conformada por diversos colectivos feministas e mulleres a título individual, co obxectivo de “repensar o 8 de marzo en clave galega, diversa, inclusiva e horizontal”, Ler máis …

Manifestación feminista 8 de marzo, 19:30 h Praza de Pontevedra

Mulleres a título individual e diversos colectivos feministas da Coruña que participamos no grupo de acción local da Asemblea Galegas 8M convocamos MANIFESTACIÓN NA CORUÑA O DÍA 8 DE MARZO, CON SAÍDA ÁS 19:30 HORAS DA PRAZA DE PONTEVEDRA E REMATE NO CAMPO DA LEÑA. A convocatoria xorde da necesidade de repensar o 8 de Ler máis …

De quando as instituiçons fam duma jornada de luita uma festa. Do Papa Pio XII, de Franco e da Marea Atlantica

Deixamos aquí o interesante artigo publicado hai un par de días no blog amigo “O gajeiro na gavea”. E aproveitamos tamén pra facer un chamamento a movilización de hoxe as 19:30 na Praza de Pontevedra. Pois esta é a manifestación alternativa a pantomima oficial que, pese a estar aparentemente convocada por diversas organizacións feministas supostamente Ler máis …

Así foi a manifestación do 4 de marzo

Achegándose o Día Internacional da muller Traballadora, convocouse o 4 de marzo unha concentración a nivel nacional en Vigo. Comezou na Rúa Vía Norte sobre as 12:00 con milleiros de persoas entre as que estaban distintos colectivos feministas galegos que convocaran (varios estudiantís e de centros sociais autoxestionados) e o batiburrillo de sindicatos de sempre. Ler máis …