Presentación Rede Apoio Mutuo Lugo

Cuando:
15 marzo 2018 a las 20 h 30 min – 22 h 00 min
2018-03-15T20:30:00+00:00
2018-03-15T22:00:00+00:00
Contacto:
Rede Apoio Mutuo Lugo
Presentación Rede Apoio Mutuo Lugo

Seguindo as experiencias da Rede de Solidariedade de Seattle (Seasol) e os Colectivos de Solidariedade de París, un pequeno grupo de persoas vimos a propoñer un novo proxecto que nace máis como unha necesidade que como un desexo, ante a precariedade que aboca as nosas vidas, non só no mundo do traballo, senón tamén fóra de el, ante un capitalismo cada vez máis voraz onde a loita de clases preséntasenos como unha “cousa do pasado”.

Pero non vimos aquí a teorizar nin a pedir “carnets de militancia”, senón a poñer en práctica redes de solidariedade para enfrontar as impostas precarias condicións de vida, tecer lazos e inverter a vulnerabilidade que produce o illamento do que bebe o sistema actual.

Quen non coñece a xente explotada no seu traballo? Afogada polo alugamento? Extorsionada polo propietario? Cantas de nós non fumos estafadxs en diferentes situacións? …

Son moitas as inxustizas que día a día xs de abaixo sufrimos sen que exista unha rede de apoio que logre unificar forzas. Incluso dentro do propio “activismo”, onde as utopías revolucionarias chocan coa realidade diaria, onde entre mitin e mitin estamos abocadxs a ter un curro de merda e vivir situacións de abuso. Dende onde ademais tampouco estamos a chegar á xente de fóra do “gueto” que, sen estar “politizada”, coñece de primeira man a miseria deste sistema escravista, racista e machista.

DEFENDÁMONOS!

TEZAMOS REDE!

No Madia Leva.

Deixa un comentario