Masculinidades con coidados

Cuando:
13 octubre 2017 a las 17 h 00 min – 15 octubre 2017 a las 15 h 00 min
2017-10-13T17:00:00+00:00
2017-10-15T15:00:00+00:00
Contacto:
Senén Rodríguez-Carrera Iglesias
Masculinidades con coidados

Dende o grupo de Masculinidades de Ponteareas, queremosvos convidar a participar neste obradoiro baixo o nome de “Masculinidades con coidados”.

O curso pretende ser un proceso vivencial de reflexión crítica sobre os significados hexemónicos de ser home e a aprendizaxe de estratexias de cambio cara a masculinidades que asumen afirmativamente os coidados, a equidade e igualdade de xénero.

O obradoiro por tanto non será maxistral senón moi vivencial, que facilite aos participantes cómo as nosas vidas e nosos corpos están en tensión entre o modelo que se nos impón, o noso desexo de supéralo, cómo exercemos o noso poder, sobre os privilexios que temos, cómo renunciamos ou non a eles… Buscando que ese proceso nos <> polo corpo.

¿A quén vai dirixido?
Debido ás características do obradoiro está destinado únicamente para homes.

Lugar de Celebración:
Ponteareas (Espazo todavía por confirmar)
Datas:
Venres 13, sábado 14 e domingo 15 de outubro.
Horario:
Venres: 17.00 h a 21.00 h. Sábado: 10.00 h a 20.00 h. Domingo: 10.00 h. a 15.00 h.

Aspectos Importantes a Considerar

Almorzar, cear xuntos e compartir espazos libres tamén forman parte do obradoiro, da vivencia e do proceso de traballo, polo que solicitamos puntualidade e tamén a posibilidade de quedarse despois do obradoiro para traballar en grupo o máximo posible.

– ­A cea do primeiro día, así como as comidas do segundo e terceiro día serán compartidas.
­- Requírese dos participantes que leven comestíbeis para compartir durante a cea do primeiro día e xantar do segundo día.
­- O domingo rematará o obradoiro cun xantar compartido fora do obradoiro nalgún espazo cercano. O xantar non está incluido e correrá a conta de cada participante.
– ­Cada participante levará unha esterilla ou manta para o chan e roupa cómoda.

Inscripcións
­Cubrir a ficha de inscrición que vos facilitan os participantes do Grupo de Masculinidades de Ponteareas como InteRed Galicia.
­Aboar a cota de inscrición simbólica de 5 € ao seguinte número de conta: ABANCA: IBAN ES60 2080 0319 6430 4001 3740
Concepto: Masculinidades 17

­Enviar a ficha cuberta así como xustificante de inscrición a galicia@intered.org