Concentración: Paremos a invasión turca de Afrin

Cuando:
21 marzo 2018 a las 20 h 00 min – 21 h 00 min
2018-03-21T20:00:00+00:00
2018-03-21T21:00:00+00:00
Donde:
Museo de Arte Contemporáneo de Vigo
Príncipe 54
Vigo 36202
Contacto:
Concentración: Paremos a invasión turca de Afrin @ Museo de Arte Contemporáneo de Vigo | Vigo | Spain

Turquía, co segundo maior exército da OTAN e da man de miles de mercenarios islamistas fortemente armados, está a bombardear e tentar ocupar a rexión de Afrin (norte de Siria), para continuar a súa limpeza étnica contra o pobo curdo.

Xa houbo miles de víctimas mortais, feridas e desprazadas, a maioría civís.

O pasado 10 de febreiro, o voluntario galego Samuel Prada León (“Baran Galicia”) morría como consecuencia dun bombardeo turco. Viaxara a Siria para loitar contra o ISIS e agora estaba apoiando a resistencia curda contra a invasión turca e islamista.
Na súa memoria e na de todas as víctimas da barbarie terrorista que segue a golpear o pobo curdo e a todos os demais pobos de Siria, chamamos a sair á rúa en Vigo contra o ataque das tropas de Erdoğan.

PAREMOS A INVASIÓN TURCA DE AFRÍN
VIVA A RESISTENCIA DO POBO CURDO!

21 DE MARZO
CONCENTRACIÓN ÁS 20H NO MARCO
(VIGO)

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.