Descerebrados pintan esvásticas na fachada do C.S.O. A Insumisa

A mañá do pasado luns a fachada do Centro Social Okupado coruñés A Insumisa amenceu decorada cun puñado de esvásticas, pintadas con rotulador, superpostas ao letreiro da okupa. Evidentemente o asunto non reviste moita importancia: algún descerebrado pretendeu, con tan insignificante xesto, descargar a frustración que lle produce a boa marcha de tan activo e Read More …

E tras do desaloxo do Escarnio…

Finalmente semella que o saldo represivo resultante das protestas contra o desaloxo do Centro Social Okupado Escarnio e Maldizer é de tres persoas detidas no transcurso das mobilizacións (unha na primeira e dúas na última), nove máis detidas días máis tarde ás portas das súas casas e outras dez identificadas pola investigación policial que aínda Read More …

Sobreseída a denuncia contra o C.S.O. A Insumisa

Vimos de saber, pola prensa comercial,  que o xulgado de instrución número 2 da Coruña arquivou a denuncia contra o Centro Social Okupado A Insumisa. Bueno, iso lendo entre liñas, posto que o panfleto pseudo-xornalístico La Voz de Galicia, nun alarde desinformativo moi típico deste voceiro do P.P., preferiu titular a noticia: «O concello consentiu Read More …

A policía frustra a okupación do Peleteiro na manifestación contra o desaloxo do Escarnio

Pasaban amplamente do milleiro as persoas que se deron cita este sábado ás 21h na Alameda compostelá para protestar polo desaloxo do C.S.O. Escarnio e Maldizer (crónica neste blogue aquí). A pesar de que o mando dos máis de 200 antidisturbios desprazados a Santiago tratou de pactar o percorrido cxs manifestantes, estxs saíron finalmente sen Read More …

Novo Blogue do C.S.O A Insumisa

Deixamos aquí a ligazón ao novo blogue do Centro Social Okupado A Insumisa da Coruña (rúa Metrosidero sen número, fronte á porta do cuartel de Atochas). Este novo soporte informático de difusión das actividades do prolífico Centro Social herculino súmase á páxina de facebook na que ata agora colgaban as súas actividades. Iniciativa moi loable, Read More …

Taller de Desconolización Corporal + Pantomimas no C.S.OA A Insumisa

Este xoves dende Bolivia teremos no C.S.O A Insumisa (rúa Metrosidero sen número, A Coruña) á xente de Teatro Trono, unha compañía de teatro autoxestionada que está de xira por España e Francia actualmente. O evento consistirá nun taller de descolonización corporal, por Iván Nogales, que fai unha retrospectiva hacia a historia e o valor Read More …

Calumnia que algo queda: continúa a campaña mediática contra a okupación

Suma e sigue: continúa a campaña de desprestixio mediático da okupación. La Voz de Galicia non perde un só día en seguir vilipendiando este fenómeno de redistribución da riqueza que ten o seu actual auxe na crise económica, crise que se cebou especialmente coas clases desfavorecidas. Pois non debemos esquecer que a xente que okupa Read More …

A portavoz do P.P. na Coruña, imputada no seu día por prevaricación, ofrece rolda de prensa na porta da «INSUMISA»

Así están as cousas, Rosa Gallego, portavoz local do P.P. e no seu día investigada por prevaricación e por conexións coa trama «Pokemon», dá agora leccións de civismo nunha rolda de prensa diante da okupa herculina «A Insumisa». Rodeada por un reducidísimo grupo de veciños, que pola súa idade deberon ser das mocidades falangistas alá Read More …

Aclaracións do C.S.O. A Insumisa sobre a campaña de intoxicación mediática

Ola Coruña! Somos @s okupas; a asemblea que xestiona o “Centro Social Okupado A Insumisa” da rúa Metrosidero. Vémonos na obriga de sacar este novo comunicado ante a maliciosa campaña de intoxicación mediática lanzada na nosa contra polo xornal “La Voz de Galicia”. Somos conscientes de que este tendencioso medio de orientación conservadora carga contra Read More …

Sobre as denuncias dos hosteleiros e outros ataques ao Centro Social Okupado “A Insumisa”:

Aclaracións varias da asamblea do Centro Social Okupado “A Insumisa”:  Facemos estas declaración ao fío das recentes denuncias contra a nosa okupación e as súas actividades. Denuncias orquestradas con finalidade política e que usan como altofalante a Hector Cañete, destacado militante do P.P. e presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros, presuntamente pringado ata o tuétano Read More …