Contrainformación nas rúas a un mes da desaparición de Santiago Maldonado

A un mes da desaparicón do compañeiro Santiago Maldonado sacamos difusión ás rúas, ao noroeste da península Ibérica: a Corunha, cidade portuaria desde a que partiron centos de barcos de inmigrantes a latinoamérica. Pero practicamente nula é a información que a este lado do Atlántico contan os medios hexemónicos. Tampouco esperabamos que fose diferente. A Ler máis …

Anarquista desaparecido na Arxentina en mans da xendarmería.

Damos difusión a este comunicado recibido no correo. Santiago Maldonado «o Lechu», compañeiro anarquista na defensa do pobo mapuche, desaparece en mans da Xendarmería arxentina. O 1 de agosto de 2017 as forzas represivas do estado arxentino achandaron con brutal violencia o Lof de Resistencia Mapuche de Cushamen, provincia de Chubut, ao sur do país Ler máis …

E tras do desaloxo do Escarnio…

Finalmente semella que o saldo represivo resultante das protestas contra o desaloxo do Centro Social Okupado Escarnio e Maldizer é de tres persoas detidas no transcurso das mobilizacións (unha na primeira e dúas na última), nove máis detidas días máis tarde ás portas das súas casas e outras dez identificadas pola investigación policial que aínda Ler máis …

Sobreseída a denuncia contra o C.S.O. A Insumisa

Vimos de saber, pola prensa comercial,  que o xulgado de instrución número 2 da Coruña arquivou a denuncia contra o Centro Social Okupado A Insumisa. Bueno, iso lendo entre liñas, posto que o panfleto pseudo-xornalístico La Voz de Galicia, nun alarde desinformativo moi típico deste voceiro do P.P., preferiu titular a noticia: “O concello consentiu Ler máis …

A policía frustra a okupación do Peleteiro na manifestación contra o desaloxo do Escarnio

Pasaban amplamente do milleiro as persoas que se deron cita este sábado ás 21h na Alameda compostelá para protestar polo desaloxo do C.S.O. Escarnio e Maldizer (crónica neste blogue aquí). A pesar de que o mando dos máis de 200 antidisturbios desprazados a Santiago tratou de pactar o percorrido cxs manifestantes, estxs saíron finalmente sen Ler máis …

A Coruña: O “concello do cambio” multa sistemáticamente aos malabaristas da rúa

Segundo puidemos saber por testemuños directos dos afectados, a policía local da Coruña, que se atopa ás ordes da Marea Atlántica e a súa “nova forma de facer política”, multa de xeito sistemático aos malabaristas da rúa que se buscan a vida nos semáforos da cidade. E non estamos a falar dun feito illado, posto que Ler máis …

A policía impide a realización da “Procesión da Santa Cona” na Coruña

Un forte dispositivo policial despregado en torno o Obelisco da Coruña impediu, o pasado venres, a celebración do acto satírico da “Procesión da Santa Cona”. Policías antidisturbios repartidos pola zona identificaron as persoas que xulgaron sospeitosas de querer participar na protesta e impediron que se descargase da furgoneta o cona de porexpan motivo central da Ler máis …