[Lugo] Xornadas antiespecistas no Ateneo Libertario A engranaxe

Difundimos da web da engranaxe Dende o Ateneo Libertario Engranaxe, xunto a outrxs compas, achegámosvos estas xornadas antiespecistas en Lugo para os días 27, 28 e 29 de Abril; con charlas, debate, proxeccións, xantar veganos, sesión vermú e concertos. Programa: VENRES 26: ⏺ 18:00 «O Cubo da Verdade»: acción de rúa na Praza Maior (diante do Read More …

[Coruña] Concentración en Defensa do CSO A Insumisa

Segue a defensa pola Insumisa e os espazos liberados, deixamos aquí a súa convocatoria: «Este sábado 14, ás 9:30 da manhá no Centro Cívico da Cidade Vella (Rúa Veeduría, 2), o concello da Corunha convoca a primeira sesión de traballo do proxecto das Naves do Metrosidero. A «copia» institucionalizada e fagocitada polo poder do noso Read More …

Crónica e video da manifestación en memoria de Mame Mbaye e contra o racismo institucional (A Coruña)

O pasado domingo, 18 de marzo, varios centos de persoas marcharon polas rúas coruñesas denunciando a morte do manteiro senegalés Mame Mbaye tras dunha redada policial no barrio madrileño de Lavapiés. A protesta foi convocada pola asociación África Universal, en repudio do racismo institucional e en recordo do falecido. Tras dun emotivo inicio, ás 19 Read More …

Charla sobre a situación no curdistán no Ateneo Libertario Xosé Tarrío (A Coruña)

O vindeiro sábado, día 24 de marzo, ás 19 h, poderedes desfrutar no Ateneo Libertario Xosé Tarrío (rúa La Paz 16 baixo, no barrio coruñés de os mallos) dunha charla-debate sobre a situación do curdistán, a súa actualidade na guerra de Siria e a Revolución Social implementada en Rojava baixo o paradigma do Confederalismo Democrático. Read More …

[A Coruña] Concentración por Marielle Franco + Breve explicación do acontecido

A noite do pasado mércores 15 foi executada pola policía no seu coche Marielle Franco, quen, ademáis da quinta forza política de Río de Janeiro, era unha activista negra, feminista e lesbiana que defendía os dereitos humáns e protestaba contra a brutalidade e asasinatos policiais nas favelas, de onde ela mesma procede. Aconteceu mentres voltaba Read More …

[A Coruña] Actualizado: Manifestación o domingo ás 19:30 no Obelisco contra o racismo institucional a raíz da morte de Mame

Xa é coñecida a noticia da morte de Mame Mbaye Ndiaye, o vendedor ambulante de 34 anos de orixe senegalesa, tras ser perseguido pola policía polas rúas Paredes e do Oso no barrio de Lavapiés. Digo morte e non asasinato directamente porque por varios medios difundiuse outra versión que di que Mame non foi perseguido pola Read More …

Crónica do escrache a Marea contra o desaloxo da Insumisa

O pasado martes 13 o concello da Coruña convocou unha reunión para decidir os usos aos que destinarán o C. S.O. A Insumisa unha vez desaloxado. Como non podía ser doutro xeito, máis de medio cento de manifestantes afeáronlles a conduta con pancartas, silbatos e tambores ás portas do Centro Cívico da Cidade Vella. Se Read More …

Un preso de Teixeiro sometido a maltrato tenta suicidarse

Un pequeno grupo de solidarixs protestou o pasado venres ás portas do Hospital Clínico de Santiago de Compostela para denunciar a situación do preso Alfonso Miguel Codón Belmonte. O día anterior fora trasladado a ese hospital tras o seu enésimo intento de suicidio a raíz dos malos tratos, as malleiras e a tortura psicolóxica que Read More …

[A Coruña] Concentración en defensa do CSO A Insumisa

Difundimos por aquí a concentración de hoxe: https://www.facebook.com/events/338058710038611/ «Mañá, martes, ás 19:30 no Centro Cívico da Cidade Vella (Rúa Veeduría, 2), o concello da Coruña convoca unha vez máis unha reunión pra informar sobre os avances do proxecto das Naves do Metrosidero, a «copia» institucionalizada (e, polo cal, de copia ten pouco, ó perderse a Read More …

Así foi a manifestación autónoma do 8M na Coruña

O pasado xoves tivo lugar na Coruña a manifestación autónoma polo 8M ás 19:30 na Praza de Pontevedra, organizada pola Asemblea Galegas 8M. Cómpre destacar que o organizaba esta asemblea, conformada por diversos colectivos feministas e mulleres a título individual, co obxectivo de «repensar o 8 de marzo en clave galega, diversa, inclusiva e horizontal», Read More …

De quando as instituiçons fam duma jornada de luita uma festa. Do Papa Pio XII, de Franco e da Marea Atlantica

Deixamos aquí o interesante artigo publicado hai un par de días no blog amigo «O gajeiro na gavea». E aproveitamos tamén pra facer un chamamento a movilización de hoxe as 19:30 na Praza de Pontevedra. Pois esta é a manifestación alternativa a pantomima oficial que, pese a estar aparentemente convocada por diversas organizacións feministas supostamente Read More …

Crónica da concentración contra a invasión turca en Afrín (A Coruña)

Onte, 5 de marzo, un grupo de algo máis de medio cento de solidarixs concentrámonos ante as portas do que pensabamos que era o consulado turco da Coruña. Hai máis dun mes que o exercito turco, apoiado polos seus títeres islamitas do Exército Libre Sirio, invadiron o cantón curdo-sirio de Afrín. A súa intención é Read More …

Crónica da concentración pola liberdade de expresión (A Coruña)

Onte, mércores 14 de febreiro, varias ducias de solidarixs démonos cita fronte ao obelisco coruñés para protestar contra «o estado policial e pola liberdade de expresión». A concentración foi convocada por Acción Antifascista Coruña en solidariedade coa vaga de represaliadxs por expresar opinións contrarias ao réxime en cancións, redes sociais ou pintadas. Cada día son Read More …

Próximos eventos no Ateneo Libertario Xosé Tarrío

No Ateneo Libertario Xosé Tarrío, situado na Rúa La Paz nº 16 (Os Mallos) teñen programados varios eventos e aproveitamos pra difundir por aquí: Luns 20 de novembro ás 20:00: proxeccións anarquistas filmadas durante a Guerra Civil: “Reportaxe do movemento social revolucionario en Barcelona”, «Salvar Madrid», «Homenaje a Durruti» e «Entierro de Durruti». Sábado 2 de Read More …

[A Coruña] Ciclo de cine anarquista (20, 22 e 24 de novembro)

A xente do Ateneo Libertario Xosé Tarrío e da Unión Anarcosindicalista da Coruña volven a colaborar por segunda vez tras as xornadas de Coruña Libertaria (nas que tamén participara a xente da Comuna) para traernos varias proxeccións anarquistas acompañadas de charlas-coloquios os días 20, 22 e 24 de novembro: 20N ás 20:00 no Ateneo Libertario Read More …

[A Coruña] Concentración en memoria do compañeiro Carlos Palomino

Este sábado 11 ás 20:00 haberá unha concentración na Praza do Obelisco en memoria do compañeiro Carlos Palomino, asasinado hai 10 anos por un militante fascista. Aquí o texto emitido pola Plataforma Contra a Represión de Coruña: «10 ANOS SEN TI, 10 ANOS CONTIGO… Hai feridas que nin o tempo pode fechar, como a que Read More …

[A Coruña e Compostela] Presentación do libro «Cabo de Guía»

Esta semana ven xente dende Madrid que contribuiu a escribir o libro «Cabo de Guía: Consejos prácticos para afrontar la represión a raíz de las operaciones anti-terroristas contra el entorno anarquista». A elaboración desta guía xurde por motivo da chamada Operación Piñata, operación policial contra o entorno anarquista. Componse dunha serie de consellos prácticos pra poder afrontar Read More …

[Vigo] Queren condenar a dous mozos a 6 anos de prisión nun novo xuízo farsa!

Difundimos este comunicado atopado nunha rede social, agradecemos o envío de convocatorias ao correio airmandadedacosta@riseup.net, que se ben estivo un tanto inactivo, agora andamos pendientes del: O vindeiro xoves 26 de outubro celebrarase un xuízo farsa na cidade de Vigo. Nel pretenden condenar a 6 anos de prisión a Oliver e a Nerea polo feito Read More …

[A Coruña] Concentración polo asasinato de Santiago Maldonado e en solidaridade co pobo mapuche

A xente de Acción Antifeixista Coruña convoca para este mércores ás 20:00 unha concentración para protestar polo asasinato do compañeiro Santiago Maldonado a mans da Xendarmería e o Estado arxentino e en apoio ó pobo mapuche, que segue resistindo a represión dos Estados arxentino e chileno. A concentración terá lugar ás 20:00 na Torre de Read More …

[Compostela] Manifestación hoxe contra a Lei de Depredación de Galiza

Como xa informáramos en entradas anteriores hoxe ás 12:00h terá lugar a Manifestación contra a Lei de Depredación de Galiza. Partirá da alameda de Compostela. A lei foi aprobada polo PP o pasado 17 de outubro e que entre outras medidas leva consigo á:                                                                                                                                                        «1) EXPROPIACIÓN FORZOSA: Dará barra libre á expropiación por medio Read More …

[Compostela] Semana cargadiña de actividades e manifestación o domingo 22

Esta semana ven cargadiña de actividades na cidade compostelana. Como xa viñéramos adiantando a semana pasada na nosa axenda da columna dereita, teñen lugar a XXV edición das Xornadas Libertarias da CNT compostelana de luns a xoves, 16 a 19 de outubro, a partir das 19:00h na facultade de filosofía: Chega uma nova edição das Read More …

[Urxente] Concentracións hoxe en multitude de vilas en protesta polos lumes

LUNS 16 ÁS 20H CONCENTRACIÓNS URXENTES EN OURENSE CASA DE CHOCOLATE VIGO DIANTE DO MARCO A CORUÑA OBELISCO COMPOSTELA PRAZA DO TOURAL LUGO EDIFICIO MULTIUSOS DA XUNTA PONTEVEDRA PRAZA DA PEREGRINA FERROL PRAZA DE AMADA GARCÍA CANGAS PRAZA DO CONCELLO MONFORTE PRAZA DE ESPAÑA  RIBEIRA PRAZA DO CONCELLO CAMBADOS PRAZA DO CONCELLO LALÍN PRAZA DE Read More …

Nova concentración antifascista na Coruña

A recentemente reconstituida «Acción Antifascista Corunha» convocou novamente unha concentración «Pola liberdade de expresión e a autodeterminación dos pobos» mañá, día 11 de outubro, ás oito e media no Obelisco da Coruña. A protesta coincide unha vez máis (crónica da anterio aquí) cunha convocatoria da dereita máis rancia e reaccionaria «en defensa de la patria Read More …

Concerto no C.S.O. A Insumisa en beneficio dxs represaliadxs do C.S.O. Escarnio e Maldizer (A Coruña)

FOLKÓLIKOS e K-DUKAOS tocarán o vindeiro mércores 11 de outubro,  ás 21h horas, na okupa coruñesa C.S.O A Insumisa. Os posibles beneficios (se é que os hai) destinaranse xs represaliadxs das manifestacións solidarias co desaloxo do C.S.O. Escarnio E Maldizer de Santiago de Compostela. Na véspera da noxenta festividade da hispanidade, vente a celebrar connosco Read More …

[Portugal] Programa da Feira Anarquista do Livro de Lisboa [1 a 8 Outubro 2017]

Depois de dez anos a instigar a subversão, a conspiração e a difusão das ideias acratas, a FAL é hoje mais indispensável do que nunca e traz a debate temas diversos: Colapso capitalista, Violência policial e Racismo, Transfeminismo, Okupação, Saúde anti-autoritária, Anti-especismo, Repressão de Estado, Memória histórica anarco-feminista, Guerrilha anti-franquista, Hortas urbanas, Artes e Resistência. Read More …

[Vigo] Concentración pola desaparición de Santiago Maldonado

Dende CNT-Vigo, Grupo Axitación Social, (GAS), Grupo Accion Directa-FAI e Red Roja, convocase unha movilización diante do Consulado Xeral de Arxentina en Vigo,(R/ López de Neira nº3), para protestar pola desaparición forzada de Santiago Maldonado a mans das forzas de seguridade arxentinas, o próximo Venres día 29 de Septembro ás 13:00 h. A movilización consistirá Read More …

Concentración Antifascista en resposta a convocatororia contra o referendum catalán (A Coruña)

Deixamos aquí o cartaz da Concentración Antifascista pola liberdade de expresión e a autodeterminación dos pobos convocada para mañán xoves 28, ás 20h, no obelisco. A protesta pretende respostar ao acto convocado no mesmo lugar e a mesma hora defendendo a «integridad territorial de la patria indivisible de todos los españoles».  Tan «chusquera» e castiza Read More …

Próximas actividades no Ateneo Libertario Xosé Tarrío (28, 29 e 30)

Xa anunciamos hai pouco un evento do ateneo libertario coruñés que acontecerá a semana que ven, mais haberá máis cousiñas que poden ser do voso interese que vos deixamos a continuación: Xoves 28 ás 20:00: Proxección «Mirar Morir» Xa van facer tres anos da desaparición dos 43 estudantes normalistas en Ayotzinapa e queremos manter viva Read More …