Axenda

Oct
16
Lun
XXV Jornadas Libertárias – Aquecendo o outono @ Facultad de Filosofia - Universidad de Santiago
Oct 16 a las 19 h 00 min – Oct 19 a las 21 h 00 min
XXV Jornadas Libertárias - Aquecendo o outono @ Facultad de Filosofia - Universidad de Santiago | Santiago de Compostela | Spain

Chega uma nova edição das Jornadas Libertárias de Compostela, este ano com a participação de Patricia Janeiro, Carlos Taibo, X. Silveira e Iria Presas.
Decorrerão na Faculdade de Filosofia da USC durante os dias 16-19 de outubro e iremos aquecendo o outono com «A hotelaria mata», «Anarquismo e Revolução na Rússia», «Mercantilização turística do rural» e «O anarcossindicalismo de Manuel António».
Não percam!

Oct
19
Jue
Charla de iniciación á micoloxía: O mundo dos cogomelos
Oct 19 a las 20 h 00 min – 22 h 00 min
Charla de iniciación á micoloxía: O mundo dos cogomelos

O próximo xoves día 19 de outubro ás 20.00 horas a bióloga MªCristina García-Echave Puente impartirá unha breve charla na que se fará unha primeira aproximación ó reino fungi dende unha perspectiva ecolóxica, biolóxica e tamén culinaria. Analizaranse as especies máis importantes e comúns na nosa contorna.

Crónica dunha viaxe sen retorno: Nikos Romanós, anarquista preso
Oct 19 a las 20 h 00 min – 23 h 55 min
Crónica dunha viaxe sen retorno: Nikos Romanós, anarquista preso

Este xoves ás 20h no CSA do Sar, algunhas individualidades anarquistas presentan a edición en galego do texto “Crónica dunha viaxe sen retorno”, do anarquista preso grego Nikos Romanós.
Tamén se dará información sobre o caso dos atracos en Kozani e da situación dxs companheirxs presxs, haberá coloquio debate e distris de material antiautoritario.
E pra non pasar fame, ceador vegano!
O recadado destinarase a financiar o novo proxecto editorial de Abordaxe.
Esperámoste!

O Premio da VergOnza @ Praza De Cervantes
Oct 19 a las 20 h 00 min – 22 h 00 min
O Premio da VergOnza @ Praza De Cervantes | Santiago de Compostela | Spain

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas considera que hai razóns suficientes para calificar como unha absoluta vergonza a concesión do premio da concordia que otorga a Fundación Princesa de Asturias á Unión Europea, mentres que as súas respostas fronte ás persona migrantes e refuxiadas, sepáranse cada vez máis dos seus valores fundacionais, e atente contra os dereitos de millóns de persoas.

Oct
21
Sab
Que sabes da insumisa? Xornada contrainformativa @ Cso A Insumisa
Oct 21 a las 12 h 00 min – Oct 22 a las 2 h 00 min
Que sabes da insumisa? Xornada contrainformativa @ Cso A Insumisa | A Coruña | Spain

Ante a posibilidade de que o espazo sexa desaloxado pola inminente adxudicación da obra, e ante o asedio mediático dos xornais galegos, vos porpoñemos coñecer unha vez mais o que acontece na Insumisa de primeira man.

Esperámosvos coas portas abertas, como sempre, e animándovos a convidar a familia, amig@s ou veciñ@s, por que non?

Temos organizada unha xornada completa de xogos, con mesas de colectivos galegos, unha mostra de actividades e obradoiros do centro, unha subasta de arte solidaria e unha palestra de presentación (de primeira man) do libro dun dos líderes do movemento pro confederalismo democrático no Kurdisán.

Ademáis contaremos cos concertos de Bento Veloso, Bonito Collar e en exclusiva, ainda que con magoa, o derradeiro concerto dos coruñeses The Fulans.

Entra en www.ainsumisa.wordpress.com para coñecer os horarios e programa completo.

Derradeiro concerto THE FULANS + Bonito Collar + Bento Veloso&Doce Trinches @ Cso A Insumisa
Oct 21 a las 21 h 00 min – Oct 22 a las 0 h 30 min
Derradeiro concerto THE FULANS + Bonito Collar + Bento Veloso&Doce Trinches @ Cso A Insumisa | A Coruña | Spain

Pois si rapazolas, este será o noso derradeiro concerto, e estaremos moi ben acompanhados no tablao polos colegas de Bonito Collar e Bento Veloso & Los Doce Triches… Quixemos facer o mesmo cartaz coas mesmas bandas e o mesmo orde do noso primeiro concerto fai 4 anos..
Pena penita pena, algo se muere en en alma, cuando fuleiras se van!!
ENTRADA GRATUÍTA, ainda que dada a magnitude de tamanho acaecemento acetaranse donativos voluntarios para os grupos… AGARDÁMOSVOS, MONGOSTONERS!!
GO GO GO THE FULANS BAATAAP!!! 😉

Oct
22
Dom
Manifestación contra a Lei de Depredación de Galiza
Oct 22 a las 12 h 00 min – 14 h 00 min
Manifestación contra a Lei de Depredación de Galiza

Galiza di non á Lei de Depredación. Manifestación o vindeiro día 22 contra a Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais, unha lei que facilita ás multinacionais a depredación da nosa terra.

Oct
23
Lun
Chaviré + Krokodil no CSA do Sar
Oct 23 a las 20 h 00 min – 23 h 00 min
Chaviré + Krokodil no CSA do Sar

Mërda Distro, Punkostela e Moria o gato máis pesado do mundo vos presentan esta movida tóguapa:

O luns 23 de outubro tendes unha cita moi especial, peñita maja desde Francia ven a facer ruido e berrarnos aos oídos para empezar a semana con moita forza.

Por un lado temos a KROKODIL desde Reims, cunha onda medio crusti, medio emo… así como gustándolles moito Ekkaia e esas movidas:

E polo outro, desde Nantes, veñen CHAVIRÉ, que ninguén se pon de acordo en cómo se pronuncia, pero que molan moitísimo e fan un escrimo así na liña de Amanda Woodward e todos esos grupos franceses aos que se lles da tan ben. Falan un pouco de resistencias, de Cioran, da merda que é vivir en cidades… de todo. E sacaron disquiño hai uns poucos meses.
https://chavire.bandcamp.com/
http://chavire.tumblr.com/

Pasarase bote para darlle unhas moedas ás bandas para a gasofa e se saíse algo de pasta a maiores irá destinado a axudar ao espazo do Sar.
Ademais de todo iso, haberá ceador vegano despois dos concis para irmos todas pra casa coa barriguiña ben chea.
Será todo isto no CSA do Sar ás 20:00H (ben puntuais).

Alí vos esperamos, riquiñxs!

Nov
4
Sab
Concerto Rap en Feminino Translurpies @ O Furancho Folk-Rock
Nov 4 a las 23 h 00 min – Nov 5 a las 2 h 00 min
Concerto Rap en Feminino Translurpies @ O Furancho Folk-Rock | Lugo | Spain

TRANSLURPIES organiza un Concerto de RAP en FEMENINO pola necesidade de visibilizar as mulleres nunha escena fagocitada polo machismo.
Queremos que o rap sexa unha ferramenta de loita contra a dominación, queremos os nosos espazos¡¡
Por todo iso, tedes unha cita ineludible o Sábado día 4 de novembro as 23h no Furancho.
Os beneficios irán destinados ao colectivo.
Contaremos con:
KALI a.k.a Noe Staki
EUforiA dende Ferrol
GLITCHGirL dende Compostela