Mañá venres 17 de maio ás 12h no Obelisco, concentración pola morte de Escudero na cadea de Teixeiro

MAÑÁ VENRES 17 DE MAIO ÁS 12 HORAS, CONCENTRACIÓN NO OBELISCO POLA MORTE DO COMPAÑEIRO PEDRO ESCUDERO GALLARDO NA PRISIÓN DE TEIXEIRO.

Hoxe nos comunicaron a tráxica morte de noso compañeiro Escudero abrasado na súa celda da prisión de Teixeiro. Escudero padecía un cáncer de larinxe con metástase moi avanzado e levaba 25 anos de prisión sin cometer ningún delito de sangue, a maioría deles en celdas de aillamento, réximen FIES ou 1º grado.

Compañeiros que coñecían a Escudero desconfían da versión oficial. Do que non hai dúbida é de que as cadeas galegas e españolas son centros de exterminio que non paran de escupir cadáveres.

ABAIXO OS MUROS DAS PRISIÓNS!!!
NON MÁIS MORTES NAS CADEAS!!!

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.