O cazador que disparou contra as animalistas é militar (novas provas e vídeo)

O cazador que disparou en forma de ameaza ás activistas animalistas durante o campionato do raposo da Terra Chá é militar e fillo do Concelleiro de Deportes de Cospeito polo PP, Daniel Paz.

Ademais o campionato celebrado o pasado Sábado 9 estivo cheo de irregularidades.

O sábado 9 celebrouse un novo campionato de caza do raposo na Terra Chá que comprendía Cospeito, Pastoriza e Castro de Rei, con 46.000 hectáreas onde os cazadores fixeron do sadismo unha actividade “lúdica”.

Nos últimos 6 anos houbo máis de 75.000 raposos mortos a mans de cazadores segundo a propia Xunta. Raposos exhaustos, que buscan refuxiarse do olfacto dos cans adestrados. Cans que uns poucos días teñen a “sorte” de saír das gaiolas onde permanecen amontoados o resto do ano.

Testosterona a flor de pel, experiencia cuasi orgásmica, escopeta en man e gatillo para atravesar por pura diversión o corpo indefenso dun animal, canso de escapar ata que a bala atópase no seu camiño e comeza a desangrarse ata a morte; previo á foto selfie para subir ás redes sociais para amosar a “hombría”.

Esa “hombría” covarde e sanguinaria que tamén prexudica ao medio ambiente, xa que os raposos son fundamentais para o ecosistema, converténdose en muros para as poboacións de diversas enfermidades, dispersan sementes, forman parte da cadea alimentaria controlando micromamíferos e son imprescindibles para o control de pragas…

Pero este Sábado, ao igual que outras xornadas, estarían en fronte as animalistas contra a barbarie subvencionada (a Federación Galega de Caza recibiu nos últimos tres anos 158.811,9 euros).

As activistas estarían vixiando a matanza dos cazadores e onde se atoparon irregularidades, como a presunta presenza dun menor que aparentaba bastante menos idade de 16 anos (idade mínima legal) e que será investigado.

Un Cazador, De “Profesión” Militar, Dispara Ao Paso De Catro Activistas (VÍDEO)

O episodio máis grave aconteceu nunha das zonas de Cospeito, cando o cazador A.P.C., de “profesión” militar e fillo do Concelleiro de Deportes en Cospeito polo Partido Popular, Daniel Paz, colleu a escopeta do remolque ao paso das activistas, e apuntou en dirección do vehículo para logo efectuar o disparo como se pode apreciar no vídeo, esperando ata o último momento para inclinar lixeiramente a escopeta cara arriba. Este feito foi denunciado polas activistas dada a clara intencionalidade ameazadora cun arma de fogo por parte do militar e a posta en perigo da integridade de estas.

Ao que se suma tamén o incumprimento do Regulamento de Armas do artigo 156 que considera que aínda que en caso de non ser delito, sería igualmente unha infracción grave polo uso un arma de fogo regulamentaria con omisión ou insuficiencia das medidas ou precaucións obrigatorias para garantir a seguridade das persoas e das cousas, con multas de 300,51 € a 6.010,12 € e retirada das armas e municións obxecto da infracción, así como das licenzas e guías de pertenza correspondentes ás mesmas, desde seis meses e un día ata dous anos de duración. Así mesmo incumpre os artigos 63 e 85 da Lei de Caza de Galicia, onde se establece que as armas deben estar descargadas cando se atopen a menos 50 metros de persoas alleas á caza e a prohibición de usar a arma en zonas de seguridade, respectivamente.

A Federación Galega de Caza xustificou este episodio, chegando a dar por válida a inverosímil versión publicada pola revista procaza Jara y Sedal, o que demostra a absoluta falta de escrúpulos da propia Federación: «A escopeta “non se disparou durante a batida”, dixo o militar, polo que esperou a que acabase esta para descargala disparando. A casualidade fixo que baleirase o cartucho xusto no momento no que os animalistas estaban a gravar desde o vehículo.» Aínda que se dera por válida esta pantomina de versión, incumpre os artigos mencionades anteriormente.

Ademais, a Federación Galega de Caza intentou asumirse a condición de vítimas xunto ao “pistoleiro” do Exército (dende onde deberían tomar medidas e considerar se este individuo ten as capacidades axeitadas para posuír armas). Condición de vítimas que a maioría da sociedade xa non compra, e que non evitou a mostra de solidariedade plasmada contra a súa sede en Lugo baixo o lema: “Se tocan a unha, tocan a todas. Cazadores asasinos”.

Irregularidades No Campionato:

Por outra banda, este campionato estivo cheo de irregularidades entre a Federación de Caza, a Subdelegación do Goberno e Medio Ambiente, entre as que destaca Margarita López Blanco como responsable da Xunta de Galicia, como denuncia Lugo Xornal, ignorando cantos cazadores asistirían e por onde realizarían a cacería e incumprindo tamén os prazos de solicitude, pese a administración autonómica ter constancia de medio cento de roteiros alleos á caza polo mesmo tecor, poñendo en perigo a integridade das persoas.

As Outras Vítimas: A Situación Dos Cans De Caza

As outras vítimas destes campionatos da morte son os cans. Cans con data de caducidade. Tratados como ferramentas, como bens materiais. Cando non valen se aforcan, se lles pega un tiro ou se abandonan. Segundo o Seprona o 40% dos cans que sofren malos tratos, abandono ou roubo son cans de caza. E as asociacións cifran en 50.000 o número de galgos e podencos abandonados cada ano a consecuencia da caza no Estado español (o único estado da Unión Europea que aínda permite a caza usando cans). Aínda así as cifras reais son máis dramáticas, xa que só se rexistran os casos derivados das actuacións levadas a cabo por unidades da Garda Civil, sen incluír os que son recolleitos por comunidades autónomas, concellos, protectoras e asociacións voluntarias.

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.