Ainda que xa levan tempo organizando actividades e protestas conxuntas, desde hai uns días botaron a andar unha páxina de facebook desde onde difundir actividades e comunicados.
Comunicado da coordenadora

A Coordenadora de Centros Sociais do Sul nace ante a necesidade e inquedanza de crear un espazo de comunicación, apoio e construción en rede entre os distintos Centros Sociais activos, a día de hoxe, en #Vigo, #ValMiñor e #Baixo Minho. Un espazo de construción presente proxectado cara ó futuro na creación de redes de intercambio e relacións mutuas, capaz de articular o tecido político, social e cultural da nosa contorna máis próxima no afán de sumar forzas e propor alternativas reais para o cambio e dende a base social.
A C.C.S.S somos:
A COVA DOS RATOS (Vigo), C.S. A Revolta do Berbês (Vigo), Local Social Faísca de Vigo (Vigo), C.S.O.A A quinta da Carmiña (Vigo) , C.S.A Casa Colorida (Nigrán) e C.s. Fuscalho(A Guarda)