Xornada antipsiquiátrica em Compostela

Difundimos a información do evento:

O vindeiro venres 25 de xaneiro ás 20:00 terá lugar unha Xornada Antipsiquiátrica no CSOA O Aturuxo das Marías na que proxectaremos o documental «Mad Worlds» (Mundos Tolos). De aproximadamente media hora de duración, o documental é o capítulo #17 da serie «Trouble» realizada polo colectivo anarquista canadiense Sub.Media cuxa temática xira, neste caso, ao redor da saúde mental. Mad Worlds bota unha ollada crítica ao sistema de «saúde» mental e ás alternativas posibles, cunha perspectiva revolucionaria, anticapitalista e interseccional que contempla as denominadas «enfermidades mentais» coma o resultado dunha vida estéril, insípida e cargada de violencias cisheteropatriarcais, coloniais, racistas, políticas, clasistas, etc. e ao sistema psiquiátrico como unha parte do problema, contrapoñendo propostas de terapias baseadas nos coidados e a empatía, e nunha análise das condicións sociais, económicas e políticas nas que vivimos cada unhe de nós.

Tras o documental haberá unha quenda de preguntas e gustaríanos que se vos apetece, tivéramos un coloquio ou debate sobre que alternativas pensamos que poden florecer ao sistema de saúde mental oficial. Tamén teremos un ceador vegano cuxos posibles beneficios irán destinados á creación dunha fanzinoteca anarquista.

Acude, difunde e apoia os espazos autoxestionados!!

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.