Xornada antiprohibicionista en Compostela

Difundimos da web da Xuntanza Antiprohibicionista

O vindeiro sábado 19 de xaneiro de 2019 volveremos celebrar o San Kanuto en Compostela. Este ano comezamos ás 12:30h no CSA do Sar coas Conversas Antiprohibicionistas onde nos acompañarán:

Nacho Rivero (Durru), fundador de asociacións pioneiras galegas coma AVE María ou o Clube de Consumidores de Cánabo do Condado, ademáis de ter presidido a AICC(asociación que xestiona o foro cannabiscafe.net), repasará dende a súa visión en primeira persoa a historia máis recente das nosas reivindicacións

Javier Puig actual presidente da CONFAC (Confederación de Asocicaciones Cannábicas) ademáis de presidente do club Casa María con sede en Pontevedra analizará a máis inmediata actualidade do asociacionismo cannábico ibérico.

Ao remate das conversas, sobre as 14:30h, comeza a festa en formato Sesión Vermú a cargo de MáisLume Kolektive, colectivo nado en Compostela coa finalidade de difundir a cultura SoundSystem e outros xéneros musicais orixinarios de Xamaica. A partir desta hora tamén haberá Xantar a prezos populares.

Ás 17:30h o Bloco da Escola Prucupá de Trópico de Grelos acompañará a ritmo de Batucada a tradicional saída do San Kanuto sobre os muros do CSA do Sar e seguiremos de Ruada cara a…

MANIFESTACIÓN: NON Á PROHIBICIÓN. OUTRA POLÍTICA DE DROGAS É NECESARIA

que partirá ás 18:30h da Praza de Galicia con itinerario por Compostela enchendo ás rúas de festa e reivindicación antiprohibicionista.

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.