Roteiro «turístico» Vigo de luces e sombras

A asemblea por un Vigo +Social e CAÍN (Colectivo de Admiradores da Iluminación de Nadal) organizamos un roteiro «turístico» baixo o lema: Vigo de luces e sombras. Será o venres 21 de decembro a partires das  19:00h e con saída no cruce de Urzáiz con Gran Vía.

Propoñemos un paseo «turístico» polo centro de Vigo, para dar a coñecer a morea de cartos tirados en ornamentos os cales non agochan que moitas viguesas iniciamos e rematamos os meses sen teren cubertas necesidades básicas e que do mesmo xeito a cultura leva anos esquecida pola administración local. Malia isto o goberno municipal enche as rúas do centro de casetas, beléns e demais trangalladas dilapidando os cartos de todas para facer de Vigo un decorado no que non temos cabida as que non consumimos.

Camiñaremos por Urzáiz, Príncipe até a Porta do Sol. No camiño iremos facendo paradas para cantar panxoliñas, coñecer o prezo das diferentes chambonadas e máis sorpresas…

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.