Contra a Estafa Eléctrica En Defensa da Terra

Convocan concentración o próximo dia 1 de decembro na localidade de Touro contra a estafa eléctrica.

A seguir o comunicado da convocatoria.

Pensádeo ben. En Galiza, as multinacionais mineiras esquilman a terra e contaminan os ríos e o mar. As empresas eléctricas enchen os nosos ríos de minicentrais e os montes de turbinas eólicas, e ademáis usan centrais térmicas que fan que o noso país sexa un dos máis afectados pola choiva ácida.

E todo iso para que? para ter a electricidade máis cara da historia xusto cando vai chegar o frío? para perder os nosos ríos pola contaminación da minería? para perder a riqueza marisqueira das nosas rías?

Non podemos quedar calados mentres arrasan co que é noso. Por iso iremos a Touro o día 1 de decembro, unha localidade que é símbolo de loita e tamén de maltrato do país, de risco para as xeracións futuras.

✊️ Ven con nós, loitemos conxuntamente contra a estafa eléctrica e pola defensa da Terra.

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.