Novo CSOA en Compostela, O Aturuxo das Marías

Difundimos esta información que nos chega desde Compostela. Ainda non temos a ubicación mais seguiremos informando.

Boas! Somos un grupo de persoas que viven en Compostela, que buscamos recuperar espazos comúns, tecer e fortalecer redess entre a xente dos barrios.
Atopámonos cunha cidade configurada pola especulación, a precariedade económica e o turismo insostible, o isolamento e a falta de apoioentre as persoas que está a orde do día. Numerosos inmobles fican abandoados e alleos as necesidades da xente. Ante este este panorama consideramos lexítimo recupera espazo mortos e baleiros para enchelos de vida. É por isto que queremos construir un centro social okupado e autoxestionado, onde todas as persoas decidimos e temos cousas que aportar. Un espazo de confianza e de seguridade que non é exclusivo da xuventude, se non onde todas as experiencias teñen cabida, sen máis presentámosvos con moita ilusión o CSOA Aturuxo das Marías.

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.