Roteiro polo parque do Observatorio do Agra do Orzán (A Coruña)

Este sábado 10 ás 11:00 quedaremos na porta do observatorio do Agra do Orzán (Rúa Canceliña) pra facer un roteiro comentando o plan de urbanización do parque do observatorio coa participación de Ergosfera e Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. A Continuación, haberá unha charla de participación aberta no Ateneo Libertario Xosé Tarrío (Rúa Gil Vicente 17) pra falar e reflexionar as impresións xeradas no roteiro.

O noso barrio é o máis denso da cidade da Coruña e carece de espazos verdes. A OMS recomenda 9m2 por persoa a 15 minutos a pé desde a vivenda, pola influencia que estes espazos teñen na nosa calidade de vida e na clidade do aire.

O único espazo que podería destinarse para este fin no barrio do Agra do Orzán son os terreos públicos do Ministerio de Medio ambiente que ocupa o observatorio meteorolóxico e que son patrimonio de todos nós. Neste lugar no que está proxectada unha urbanización que sucesivas corporacións municipais venden aos veciños como o parque do Agra, cando o único que consegue é densificar aínda máis o barrio con 450 novas vivendas e xerar unha segregación entre barrio de pobres (Agra) e barrio de ricos (cidade xardín). Este proxecto tamén afectará ás vivendas do Camiño do Pinar, camiño tradicional que sobreviviu o desarrollismo e a especulación.

Actualmente, a escasos meses das eleccións municipais, tras tres anos, o goberno municipal da cidade vai iniciar unha modificación do Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM), debido á sentenza do tribunal supremo de fai dous anos que cambiaba a cualificación dos terreos das Adoratrices impedindo que formen parte do proxecto, o que pode calificarse de estratexia electoralista.

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.