Charla no Ateneo Libertario Xosé Tarrío: Movemento autónomo dos anos 70 e loita armada

Este martes teremos o pracer de ter connosco a Ricard de Vargas Golarons, historiador, escritor e traductor e ex-membro do MIL (Movemento Ibérico de Liberación) e da OLLA (Organització de Lluita Armada), organizacións das que nos ven a falar.

Cando fálase do MIL seguramente o primeiro que veña á mente é o rostro de Salvador Puig Antich, último asasinado polo garrote vil do franquismo, ou quizáis pensemos equívocamente que se trataba dun grupo anti-franquista. O MIL fórmase oficialmente en 1971 e a súa aparición está íntimamente ligada a un movemento obreiro de Barcelona de finais dos 60 que pelexaba pola súa autonomía. O MIL aparece, pois, como un elmento de apoio a isto, proporcionando materiais para que os propios traballadores se emanciparan. Para isto, recurriron á loita armada e a expropiación de bancos por un lado e á creación dunha biblioteca socialista con diversas obras da esquerda que incitaban á reflexión e o debate entre elas para a autoformación obreira.

Cando en 1973 o franquismo atrapou a boa parte do MIL, noso poñente marchou a Italia e voltou pra integrarse na OLLA, outro grupo armado que chegou a colaborar co MIL en varias expropiacións.

Sen dúbida será unha ocasión irrepetible pra coñecer mellor o pasado destes grupos revolucionarios e o movemento obreiro da Barcelona dos 70 da man dun loitador que o viviu de primeira man.

Este martes 6 ás 20:00 (Rúa Gil Vicente 17)

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.