Documentário «Un pais de cinzas»

Após dum ano de presentaçons por vários pontos da Galiza o documentário «Un país de cinzas» estreia-se na rede. Trata-se dumha reportagem realizada por Galiza Contrainfo sobre a vaga de lumes de há um ano.

Resenha de Galiza contrainfo:

Presentamos unha reportaxe documental gravada a semana seguinte da desfeita ambiental dos lumes de outubro de 2017. Conversamos con sete testemuñas dun desastre que non é a primeira vez que acontece no noso país, e sobre o que queriamos lanzar preguntas para reflexionar colectivamente. As protagonistas desta historia son Miguel Ucles, bombeiro e presidente da Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia, Elena Buch, fotógrafa e veciña da Insua, en Pontecaldelas, Maria Lado, escritora e veciña de Coruxo, Raquel Bastos, paisaxista e veciña do Freixo, Cesar Freiría, músico e veciño do Freixo, Xabier Vázquez Pumariño, biólogo ambiental e ecoloxista, e José Manuel Vázquez, da directiva da Comunidade de Montes de Tameiga. “Un país de cinzas” gravouse en pouco máis de 72 horas como traballo de urxencia, sabemos que faltan olladas e voces, pero quixemos achegar un pequeno gran de area para difundir os ecos da catástrofe e o que facer, porque non podemos resignarnos a que a nosa terra se converta nun país de cinzas. Por iso fixemos proxeccións por toda Galiza (e mesmo en Madrid), tecendo rede e coñecendo experiencias de defensa do territorio, resistencias fronte a ausencia de política forestal da Xunta.

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.