Palestra mañá no Ateneo Libertario Xosé Tarrío:dar crédito ó poder, unha historia da débeda

O sábado 6 de outubro ás 19:00 teremos no Ateneo Libertario Xosé Tarrío (Rúa Gil Vicente 17) a Antón de Rota, Profesor de Socioloxía, impartindo a charla “Dar crédito ó poder: unha historia da débeda”:

“A débeda e o poder están estreitamente ligados nun cúmulo de confusións. Dende as orixes da chamada “civilización” no Crecente Fértil, a débeda foi unha peza fundamental nos máis diversos sistemas políticos. Seu concepto, espiritualizado, atópase asimesmo no centro de relixións tan dispares como o hinduismo e o cristianismo. Nesta charla presentaranse para o debate as liñas xerais dunha historia que parte na máis antigua Mesopotamia. Do que se trata é de remontar o curso dos milenios pra interrogar o presente, prestando atención ós mecanismos polos cales a débeda sumou -ou restou- crédito ó Poder. Discutiremos os xiros da historia, analizando unha serie de inflexións. Da débeda nas civilizacións arcaicas, pasaremos á Grecia clásica e ó xudaísmo, e de aí, previo tránsito pola teoloxía financieira cristiá, ata as formas modernas. Será enfatizada a importancia da débeda e do crédito na formación decimonónica do “modo de produción capitalista”, para desembocar finalmente na situación actual. A “Gran Recesión” iniciada en 2007/2008 non foi senon unha das manifestacións -sen dúbida, non á derradeira- dunha crise sistémica iniciada nos anos 1970. Dende entón apílanse montañas de débeda. O horizonte está hipotecado. A hipótese do futuro consiste en librarse dela.”

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.