Xiao Lapela ten os collóns negros

Hai que ter uns collóns máis grandes que a catedral de Santiago. Todo o mundo sabe que as reunións foron dirixidas por Xiao Lapela pero cando hai que comerse o marrón, como xa pasara coa Insumisa, meten en escea a Claudia (alias «a Chavalita» como a chaman os machirulos dos seus compañeiros concelleiros). Dende Malleira Atlántica din estar moi tranquilos coa denuncia da fiscalía, eu non son avogado… pero non estaría tan tranquilo. Como xa dixen noutras entradas, o ignorante de Xiao Lapela non sabía que era obrigatorio facer un concurso público e fixo varias cagadas memorables que non vou relatar por non perxudicar as compañeiras de Proxecto Cárcere.

Quedan demostradas varias cousas: que Xiao Lapela é un cobarde, que non se pode traballar con incapaces e que os movementos sociais sempre teñen que traballar contra as intitucións e non colaborando con elas.

https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2018/10/02/fiscalia-denuncia-edil-participacion-prevaricacion/1333668.html

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.