TrepaTone for president

Bastou que TrepaTone anunciase a súa candidatura para liderar Podemos Galicia para que as redes sociais se enchesen de insultos, ofensas, faltas de respecto, calumnias, difamacións, etc. contra este personaxe. Obviamente non esperariades que eu permaneza impasible sen sumarme ao carro, non?

 

Primeiro de nada fago unha advertencia. Tamén está cheo de calumnias e difamacións sen o máis mínimo rigor (os que me coñecedes xa sabedes cal é o meu estilo) e obviamente todo o que afirmo é falso… ou como diría Mariano Rajoy: “todo é falso… salvo algunha cousa”.

 

Comezamos coa informa… digo coas calumnias:

 

1)Foi un dos activistas máis emblemáticos do Centro Social A Treu. Desde esta organización aproveitou para pedir unha subvención de 2000€… que din as malas linguas que se acabou gastando nunha viaxe a Roma para él e a que era a súa noiva por aquel entón. Nada estraño doutra banda. A este centro social o goberno do bipartito BNG-PSOE concedeulle moitísimas subvencións entre os anos 2007 e 2010 para realizar cursos, adecuar o local, etc. Subvencións que todos sabiamos que eran unha tapadeira para supostamente pagar o aluguer o local… o problema é que nunca había diñeiro para pagar o aluguer porque o diñeiro directamente  evaporábase. Moitas destas subvencións pedíaas unha colega de TrepaTone, chamada Rocicop. Outro dos seus mellores colegas é Xiao Lapela xa por todos coñecido.

 

2)Foi un dos okupas que entraron no CSO As Atochas. Nos poucos meses que durou na asemblea da casa, fíxose famoso por dirixir as asembleas en B xunto a Rocicop e Xiao Lapela e por roubar pelas da caixa. Tanto é así que houbo que convidar ós 3 (e a algún máis) a que devolvesen o roubado ou se pirasen. Obviamente elixiron a segunda opción demostrando as súas grandes dotes para a política. Hai que recoñecer que TrepaTone está a ser un político incorruptible… é difícil corromper o que xa está podrecido ata as entrañas.

 

O que non entenda o que son as asembleas en B, moi sinxelo. Antes da asemblea de xestión da okupa reuníanse os que querían manipular a asemblea para decidir o que tiñan que dicir cada un, onde se tiñan que sentar, quen era o que tiña que responder cando falase un compañeiro que lles podía foder a montaxe, quen facía de “poli” bo e de “poli” malo, etc. Os que o coñecestes como político creo que vos soará o que conto.

 

3)Foi o encargado do CEPS Galicia a partir do 2010 elixidos polos mismísimos Pablo Iglesias e Iñigo Errejón (xa sabedes que daquela levábanse ben, non como agora). O CEPS é unha organización que se encargaba da consultoría e asesoramentos aos países progres de América Latina, sobretodo Venezuela. Nin que dicir ten que asesorar asesorábase pouco e cobrar cobrábase moito, xa sabedes os famosos 425 150€ que cobrou Moedeiro. A cantidade total recibida puido ser de 7 millóns de euros (moitos deles compretamente legais, todo hai que decilo) sen contar os pagos en B como o de Monedero.

 

En calquera caso volvo á prensa rosa, do CEPS xa se escribiu moito. O que é relevante para nós é que TrepaTone xa era o home elixido por Pablo Iglesias para manipular e instrumentalizar os movementos sociais no ano 2010 (isto non o sabe os mass merda, pero esta era unha das principais funcións desta misteriosa organización) e iso que desde Galicia comunicáronlle a Pablo Iglesias, literalmente, que ao elixido por aquel entón “xa non o quería ninguén nin de rebaixas”, tal era o descrédito que tiña este cabaleiro.

 

4)Sempre caracterizouse por ser unha persoa moi solidaria, por iso formou parte dunha expedición de activistas que foron a Palestina como observadores para garantir o respecto aos dereitos humanos neste país… bo, para ser honestos hai que dicir que as malas linguas coruñesas de sempre din que non chegou a Palestina, máis ben quedou en Tel Aviv para bailar nas discotecas e meterse farlopa, pero para que entrar nestes detalles, a quen lle interesa esta maruxoneo?

 

5)Posteriormente e xa en Coruña en xullo do 2014, tivo a importante tarefa de crear a Marea Atlántica. Por aquel entón en Podemos debatíase se se ían a presentar ás eleccións municipais de maio do 2015. Pablo Iglesias prometéralles ós seus fieis que cada círculo de Podemos local tiña autonomía e que eran eles os que tiñan que tomar a decisión nas asembleas. Por outra banda, TrepaTone xa afirmou na primeira asemblea do proceso municipalista (o que posteriormente foi Marea Atlántica) que Pablito anunciáralle que Podemos non se ía a presentar ás municipais. Foi realmente triste ver aos inxenuos do círculo de Podemos de Coruña todo convencidos de que a decisión a ían a tomar eles en asamblea, cando xa todos sabiamos que a decisión a tomaran entre Pablito e o seu lacaio TrepaTone. De todas as maneiras algún podemita aprendeu, deuse conta de cal era o bando gañador e agora é un incondicional palmeiro mareante.

 

6)Sobre a cacicada da súa elección como deputado creo que xa é de dominio público. Primeiro presentouse ás primarias de Podemos onde era imposible perder porque ía no grupo “Claro que Podemos equipo Pablo Iglesias” e obviamente os 65 membros da lista foron os elixidos. En Galicia Podemos presentouse ás eleccións xerais na coalición denominada en Marea. Supoñíase que tiña que haber primarias pero, “sorprendentemente”, Pablo decidiu pactar os postos de saída con EU e Anova reservando o primeiro posto por Coruña ó seu colega TrepaTone. Membros de en Marea Coruña aseguraron que ía haber primarias e que o TrepaTone non ía saír nin de coña, pero xa se sabe, onde hai patrón non manda mariñeiro.

 

7)Xa por todos é coñecido a súa firma no comunicado de apoio ao etarra de Juana Chaos, xa sabedes, o famoso comunicado do “preso político basco” e que “ ou único “delito” polo qual está a ser perseguido Iñaki de Juana é o de fazer parte de um determinado movemento político submetido a um proceso de criminalizaçom e assédio”.

 

8)Agora preséntase como candidato a liderar Podemos Galicia. Como xa sabedes, Pablito Iglesias, o líder de Podemos, sempre mantén unha exquisita neutralidade nestas eleccións, tanto é así que xa afirmou que non entende porque se presenta Carolina Bescansa (outra gran personaxe todo hai que dicilo) “tras 20 anos vivindo en Madrid”. TrepaTone acepta o desafio coa súa “deportividade” e “corrección”habitual: “Galicia non pode ser o retiro dourado ou o plan B de ninguén”afirmando que a súa é a “candidatura de unidade” e que “os inscritos piden unidade, non é o tempo de que ninguén veña aquí a vellos debates xa pechados”. Parece que a TrepaTone non lle gustan as primarias e xa daba por seguro que lle ían a dar a secretaría xeral polo palmo.

9)Se non o poño rebento. O gran Aturuxo, un pouco máis facha que eu pero igual de demagogo, escribiu este “xenial” artigo:

https://www.elidealgallego.com/opinion/aturuxos/tone-delante-para-que-no-se-espante/20180427223116371687.html

Supoño que terá tanto rigor informativo como o resto do meu artigo pero non me diredes que non resulta cómico. O fodido é que coñecendo a TrepaTone é certo seguro.

Para rematar, dicir que unha cousa é segura. Se entre Carolina e TrepaTone non son quen de rematar co maltreito Podemos Galiza, non sei quen será capaz de facelo.

 

3 thoughts on “TrepaTone for president

  1. * Moi ben, pero faltán algunhas cousas como a súa vinculación o Exército Guerrilleiro, o lonxe, pero que o parecer os perros da policía detectaron que na súa casa oubera explosivos. A Casa da Fariña, na Cidade Vella, o parecer ten que ver con él, e ahí estaba o grupo de Arquitectura do “amigo” Xiao, asesor de López Rico no pasado. Por outra banda, o Toné foi avalado en Lugo para as listas de Podemos da man de Breogán Riobóo a qén convenceú pra que optase á SX de Podemos Galicia, xa que na Coruña no iba conseguir ser avalado, xa que nunca xamais participou no Círculo Podemos da Coruña, si en MA. Respecto o tema das eleccions municipais o de non presentarse era sabido, pero Isabel Faraldo Calvo (CSIF-Sanidade), outra misilar a Toné, esperaba instruccións de Madrid e é así como ninguén de Podemos está en postos no Concello da Coruña. Parte de Podemos Coruña apoiou a EQUO e outros non participaron por non estar de acordo ca MA nin, logo, a EnMarea.

    1. Co dos explosivos penso que te pasas, pero se é a info que tes non serei eu quen te leve a contraria. O resto de apuntes moi interesantes, é que fixo tantas das súas que é imposible estar ó tanto de todas 😀

      1. * É algo que me contarón o mesmo da “desaparición” de cartos ou inflado d eunha factura. Logo está toda a súa vinculación co activismo okupa e tal onde están tamén Rocío Fraga, Xiao Varela, etc. O grupo de Arquitectura de Xiao estaba na Casa da Fariña que o parecer é propiedade de Toné.

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.