Do M.Rajoy o Valv. Non somos máis parvos nen adestrando a conciencia

Este domingo produciuse un enorme “éxito” do deporte español, non, non me refiro a medalla de bronce da selección feminina de baloncesto (cosas de mulleres), se non o gran triunfo do heroe Valverde no mundial de ciclismo: “oro eterno”, “un campeón de todos los colores”, “Valverde conquista el arcoriris”, “¡te lo mereces, que grande eres!”, “Valverde, Contador, Perico, Bahamontes… ¿quién es el mejor ciclista español de la historia?” , “Grandísimo Alejandro Valverde”, “el mundo del deporte aclama a la Bala Valverde”, etc.

Euforia desenfreada que so demostra que  somos un país de analfabetos. Se antes ninguén descubrira quen era ese “misterioso” M. Rajoy dos papeis de Bárcenas, agora resulta que tampouco sabemos quen era ese ciclista que tiña unha bolsa de sangue na consulta de Eufemiano Fuentes (o number 1 do dopaxe no ciclismo) coa etiqueta Valv. Sangue que evidentemente era adulterada para logo facer a autotransfusión, o non vai máis no dopaxe daquela época.

Menos mal que Alejandro Valverde sacounos da confusión, «esa bolsa de sangue (a que pon Valv.) e doutro ciclista que se chama Vicioso»???!!!

O máis gracioso chegou cando lle preguntaron por outra bolsa que tiña a etiqueta de «Piti», según a garda civil facía referencia á perra de Valverde. A resposta deste «campeón» non puido ser máis contundente: «daquela nin sequera tiña perros e menos aínda un que se chamara Piti». Pequeno erro deste gran tramposo, uns meses antes un xornalista o entrevistara na súa casa e comeza a súa crónica cun: «Piti, unha perra pastor alemán, danos a benvida».

Tamén afirmou non coñecer a Eufemiano Fuentes e iso que era médico oficial do equipo Kelme no ano 2002, ano en que debutou Valverde como ciclista profesional neste mesmo equipo. Enriba de capullo hai que ter mala memoria.

Lóxicamente para Valverde era moi sinxelo demostrar a súa inocencia. A «xustiza» española sentenciou que non se podía analizar as bolsas de sangue porque atentaba contra a intimidade dos ciclistas!!?? pero Alejandro tiña a opción de deixar unha mostra de ADN voluntariamente para amosar a súa inocencia. Cando se lle preguntou por esta opción, Valverde afirmou que non tiña ningún problema en deixar unha mostra do seu ADN …pero «non estou disposto a prestarlle meu ADN a calqueira… é unha cuestión de principios».

Curioso papel dos xornalistas deportivos españois, os mesmo que levan anos insultando a Armstrong por recoñecer que gañou 7 Tours de Francia dopado, celebran o triunfo do ionqui Valverde  como si fose o maior éxito da historia do ciclismo. Xa se sabe, a Valverde hai que apoialo porque é ESPAÑOL, ESPAÑOL, ESPAÑOL.

 

MERDA DE PAÍS!!!

 

One thought on “Do M.Rajoy o Valv. Non somos máis parvos nen adestrando a conciencia

  1. Bem, é de justiça reconhecer que Valverde se dopou, isso semelha provado por muito que tentara safar negando-o todo. O que passa é que já pagou por isso, foi sancionado com 2 anos de suspensom e cumpriu-na. A sançom rematou hai mais de 6 anos, desde aquela está tam limpo como qualquer outro ciclista, mentres nom se demostre o contrário (e nom hai nem suspeitas disso, que eu saiba). O Mundial ganhou-no limpamente. Nom creo que por ter cometido um erro no passado tenha que estar poscrito de por vida, umha vez que pagou polo feito.

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.