[Lugo] Manifestación contra o proxecto da ordenanza “cívica” o 26 de setembro

Difundimos a convocatoria de «Lugo sen mordazas»

Dende a Plataforma Lugo Sen Mordazas convidámosvos a participar na Manifestación do día Mércores 26 de Setembro ás 20:30 que sairá dende a Praza Santa María contra o novo proxecto de Ordenanza Cívica proposto polo goberno do PSOE dirixido pola
alcaldesa Lara Méndez e apoiado por PP e Ciudadanos.

Entendemos que a ordenanza atenta contra as liberdades das cidadás nun amplo abano de medidas e que pulan por unha cidade feita para só unha minoría privilexiada. Algunhas das medidas que se recollen no proxecto son as seguintes:

-Pedir esmola na rúa, vender chisqueiros, panos ou calqueira obxecto sanciónase con ata 3000 euros (e “colaborar ” comprando con ata 750 euros).

-Vender chatarra 1500 euros.

-Levar cadeiras para sentar no parque, lavarse nunha fonte, dar de beber a un animal de compañía ou durmir unha sesta nun banco con ata 750 euros.

-Colar cartaces, colocar pegatinas ou facer reunións con ata 1500 euros.

Para máis información:
https://drive.google.com/file/d/1muvhou0JXYIwvx6toK91QVmQAslfc9xa/view

O 26S ás 20:30 na Praza Santa María, TODAS Á RÚA !

 

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.