Dimi… qué? Lema, Xiao, ser fortes

Difícil ser máis inca-paz, vaia tropa! Primeiro véndennos que van facer unha política de vivenda pública de verdade para apoiar aos desafiuzados e aos mozos universitarios que se queren independizar. O orzamento de tan “ambicioso” proxecto era de 1,26 millóns de euros (unha merda, para que vos fagades unha idea, só o orzamento da renda social sen executar é de máis de 2,6 millóns). Como xa se sabe, do que che diga un político creete a metade da metade, é dicir, os 1,26 millóns presupostados convertéronse en 382 000€ gastados.

Pero como as cagadas mareante non teñen límite, seguimos contando. Das 6 vivendas adquiridas 2 eran do colegui Toni Lodeiro, imos, que cutre!! Eu coñézoo dende hai 15 anos e os nosos queriditos concelleiros tamén. Lembrades como alardeaba de cobrar fraudulentamente a renda social vasca mentres residía en Coruña ou como fardaba de roubar nos supermercados porque estaba contra as grandes superficies? Pero disto non digades nin unha palabra, lembrar que agora está de asesor da Coca Colau en Barcelona e como se decaten os da Coz…

E agora vén o mellor, a compra das 2 vivendas do colegui Toni van ser anuladas porque o Consello Consultivo di que non houbo libre concorrencia, é dicir, que elixiron as vivendas do colega con todo o palmo, para ser xustos, hai que recoñecer que o mesmo erro produciuse en 5 das 6 vivendas adxudicadas. Resumindo, son tan incompetentes que non se pode saber se elixiron as vivendas do colegui por clientelismo ou porque son analfabetos perdidos e non se deron conta de que non cumpría os requisitos elaborados por eles mesmos.

Ante tal desenfreo a oposición ao completo pediu a dimisión de Xiao Lapela e Alberto Leyma, pera xa se sabe, neste país a culpa sempre é dos funcionarios (iso diciron estos elementos sen sequera ruborizarse) ou da Directora de Rehabilitación e Vivenda que tivo que dimitir ao día seguinte de que se demostrasen estas irregularidades. Estes 2 caraduras seguirán chupando das arcas municipais ata o último día porque, como moi ben di o señor Lapela, a corrupción, o clientelismo e a incompetencia xa é toda unha tradición no noso Concello practicada anteriormente polo PP, PSOE e o BNG durante décadas.

 

Táctica infalible a do ventilador de merda. Como moi ben demostráronnos Xiao Lapela e Aznar nestes últimos días, todos os políticos son a mesma merda, así que o de dimitir só é para os covardes… ou para os que aínda manteñen un mínimo de vergoña. Ademais, non me negaredes que os nosos 2 concelleiros favoritos cada día están máis monos, aí tédelos na foto de americana e camisa molona, son imaxinacións miñas ou cada día é máis difícil distinguir os edís mareantes dos pepeiros?

 

One Reply to “Dimi… qué? Lema, Xiao, ser fortes”

  1. Hé, hé, boíssimo artigo!! (uma pergunta: porque só se vêm as imagens na capa principal da vossa web e desaparecem quando acedes ao artigo em questom??; nom é por nada pero fai-se raro lêr «aí tédelos na foto de americana e camisa molona» e nom ver tal imagem; mais que nada porque há gente que accede de maneira direita a ligaçom desde as redes sociais e igual nom se leh ocorre ir á página principal para ver tal imagem).

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.