Non son traballadores, son asasinos!!!

 

O conflito xa é por todos coñecido, en poucas palabras, o PSOE (mira que son borregos) tivo a ocorrencia de paralizar a venda de 400 bombas de precisión láser a Arabia Saudita porque sabían que as ían a utilizar para bombardear á poboación civil iemení. Arabia Saudita respondeu que se non lle suministraba as bombas rompía o contrato para a construción de 5 corvetas (un barco de guerra) ao que os mercenarios asasinos que traballan nos astilleiros de Navantia en Cádiz, respostaron con protestas e mobilizacións esixindo que se vendesen as armas a Arabia Saudita para non perder o seu xenocida posto de traballo e poder seguir facendo barcos militares destinados a acabar coa vida de persoas decentes.

Xa sei o que me diredes: “pobres currelas, loitan polo pan da súa familia, son obreiros, teñen un curro moi duro…”, o certo é que o soldo medio de Navantia no ano 2013 era de 43 700€ ao ano (no 2018 seguramente algo máis). Soldazos de auténticos burgueses que moitas veces superan amplamente os 3000€ mensuais. Non está en xogo o pan dos seus fillos como hipócritamente din, senón os seus Mercedes, a farlopa ou as visitas ós prostíbulos, cuestións ao parecer moito máis relevantes que a vida dos centos de nenos iemenís asasinados. Non hai palabras para expresar o noxo que sinto por estes “honrados” “traballadores”.

Nada novo baixo o sol. Hai anos os “heroicos” mineiros loitaron, cóbado con cóbado, coa patronal do carbón para evitar que pechasen as altamente contaminantes e completamente improductivas minas asturianas e máis preto, en Coruña, vimos como os traballadores de Alcoa convocaban numerosas protestas para supostamente evitar o peche da nave que ten a empresa na nosa cidade. Nada máis lonxe da realidade, a empresa o único que quería era conseguir o kw de electricidade a prezo de risa para forrarse mentres os cidadáns de a pé pasamos un auténtico calvario para pagar as nosas facturas co kw a prezo de ouro. Que vergoña colaborar cos traballadores de Alcoa en tan asquerosa reivindicación!

Vou dicilo moi claro e dame igual abrir feridas. O traballo é unha estafa, como xa demostrei en artigos anteriores, coa produtividade que xa tiñamos hai máis de 100 anos eran suficientes unhas xornadas laborais ridículas para satisfacer as necesidades básicas de toda a poboación. Polo menos o 80% das horas traballadas teñen que desaparecer porque non achegan absolutamente nada positiva á sociedade, é absurdo loitar para que se manteñan eses postos de traballo e, sobretodo, os asasinos que traballan nos astilleiros de Cádiz non teñen dereito a facer barcos militares para os terroristas do exército de Arabia Saudita. Se se queren ir de vacacións a Punta Cana que se busquen un curro ético que non lle custe a vida a ningún ser inocente.

Que vos quede claro, os que están proud to be working class non son máis que uns perturbados e unhas dóciles ovellas orgullosas de ser esclavas e os que curran en astilleiros militares son uns criminais que só merecen o noso máis sincero desprezo.

NON SON TRABALLADORES SON MERCENARIOS!!!

TRABAJADORES Y PATRONES, TODOS JUNTOS A LOS LEONES!!!

ABAIXO O TRABALLO!!!

 

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.