Folga de fame dun preso en Teixeiro

Difundimos esta denuncia que recibimos no correo sobre a situación de Yuma, preso no cárcere de teixeiro:

Escrevo este correo para informar da situación de un compañeiro preso en
Teixeiro que a día 2 de setembro leva 15 días en folga de fame para
reclamar que poida ser visitado.
Hamed Hamed Belaid (Yuma) leva casi 30 anos en prisión por mostrar unha
actitude insumisa dentro das cárceres do estado español. Por manter a
súa dignidade e reclamar os seus dereitos e os de outrxs compañeirxs, a
traves de planto, folgas de fame e patio, motines e sobretodo mantendose
firme ante un sistema penitenciariop baseado no premio e o castigo,
premio ante os chivateos, o silencio e a pasividade fronte aos desmanes
e arbitrio de carceleiros e directores de prisión, e castigo para quen
reclame os seus dereitos.
Pasou grandes periodos de incomunicación en reximén Fies, e
sistematicamente cometense abusos e “descuidos” contra a súa persona e
dereitos. Intervención de correo, negativa a ser visitado, cambios
continuos de módulo ou prisión, extravio de pertenzas…
Dende hai casi tres anos atopase en segundo grado pero lle son negados
“beneficios” que outros disfrutan, como obter bises extra ou poder sair
de permiso.
O pasado 15 de Agosto negouseme a entrada a velo porque levaba un mobil
no peto e pitou no detector de metales. Impedindome deixalo nas
taquillas e pasar de novo, tuven que sair da prisión sen poder velo.
Dous días despois Yuma recibiu unha nota na que se informaba que non o
podía visitar nos próximos 6 meses, e o día 18 comenzaba unha folga de
fame para denunciar esta situación canso de ter que acatar todos os
arbitrios dos seus carceleiros.
De momento contactamos con uns avogados de Esculca que van a Teixeiro
mensualmente e van tentar velo este mes, para axudarlle neste proceso.
Polo momento el non pide máis axuda que difundir esta situación súa e
que a xente este atenta polo que poida acontecer.

Se alguen quere escribirlle hai que ter en conta que interveñenlle
practicamente todas as cartas que non se mandan en “urxente”, e que as
leen.
Hai que poñer remite anque sexa inventau a:

Hamed Hamed Belaid
Prision de Teixeiro 
Estrada de Paradela s/n 
5310 Teixeiro (A Coruña)

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.