Casi 5 anos de cárcere polo NO-CASO de Logroño: PABLO LIBERDADE!!!

Pablo condeado a 4 anos e 9 meses de cárcere por non facer absolutamente nada. A defensa presenta un vídeo que demostra a súa inocencia e a absurda brutalidade policial. A policía non presenta absolutamente nada.Lembrar que no xuizo penal os axentes non teñen presunicón de veracidade polo que a súa declaración non debería ter ningún valor, menos aún cando se contradicen cada 4 palabras, mudan de declaracións, néganse a presentar as grabación que teñen e enriba hai un vídeo que demostra que todo o que din é mentira.

Para min o máis grave non é que a policía minta no xuizo, que fagan unha montaxe ou que repriman brutalmente unha manifestación pacífica(ese é o seu lamentable oficio). Tampouco a máis que evidente prevaricación xudicial (elaboran unha sentencia xudicial sen a máis mínima motivación e sendo conscente da falsedade das súas conclusións). Para min o máis grave é que a sociedade na que vivimos cada vez é máis imbécil e acata dócilmente a absurda lóxica xurídica-policial e mediática.

Aínda que fose certo que un axente recibira unha patada polas costas a sentencia sería igualmente absurda. Hai uns anos, a alguén pareceríalle normal que un mineiro, un traballador dos astilleiros ou do metal fose condeado a 5 anos de cárcere por un enfrentamento coa policía?

Os antidisturbios están para “actuar” nas manifestacións en que se producen disturbios e enfrentamentos, se non lles gusta que pidan o cambio de posto e renuncien os complementos salariais, as vacantes e demais beneficios dos que disfrutan.

Nós non choramos cando as bestias despregan a súa fanática brutalidade nas manifestacións, eles tampouco deberían chorar cada vez que “presuntamente” “sofren” un minúsculo rasguño.

BASTA DE XUIZOS ABSURDOS CONTRA A CIDADANÍA!!!

Deixa un comentario