O bochorno da operación ICE

Por fin en España imos figurar no libro dos record Guinness. Imposible atopar un montaxe policial tan patético e unha xuiza (Carmén Lamela) que lle de tanta credibilidade o sumario policial como para meter a un chaval en prisión preventiva 16 meses.

O delito destes «perigosos» «terroristas» é o de ter explosivos tan mortais como os artefactos pirotécnicos chamados «ojos locos», «pico de oro» o «escuadrilla de ataque». Todos eles material pirotécnico tradicional que a propia policía recoñece que non presentan ningunha modificación.

Tamén incautaron outro tipo de material igualmente «perigoso», cito literalmente: «una bolsa con una sustancia blanca que tras su estudio se desprende que se trata de sacarosa (azúcar)», un líquido «morado con olor a cocción de col que resultó ser caldo de cocción de col lombarda», así como vinagre, bicarbonato, sal, un bote de zumo, un bote de aceitunas, un bote de espray «laca color fantasía» (hai que recoñecer que os compas eran un pouco horteras). Obviamente os TEDAX recoñecen que esas sustancias illadas non son idóneas para a elaboración de artefactos explosivos ou incendiarios, pero sometidas a uns procesos químicos e misturadas entre sí, eran útiles para facer bombas… de fume.

Ante tanta cagada finalmente decantáronse por archivar a causa sen chegar ó xuizo, pero por non quedar de imbéciles decidiron meterlles enaltecimiento de terrorismo por frases tan aterradoras como: «odiando a España odiando el tabaco» ou «Goku vive, la lucha sigue» sendo tamén absoltos.

Como xa sabedes a policía coruñesa tenta batir este difícil record Guinness a estupidez policial, acusando ós nosos compañeiros de un delito de sedición por deixarse aporrear polos axentes ó dia do desaloxo da Insumisa. De momento van polo bo camiño.

https://www.eldiario.es/politica/policiales-artefactos-explosivos-Straight-Edge_0_806669870.html

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.