Malleira Atlántica anótase o tanto da apertura do cárcere

QUÉ NOXO, VAIA PANDA DE CARADURAS!!!
Despois de centos de cagadas a Malleira Atlántica quere anotarse o tanto da apertura do cárcere. Para comezar, a cesión do cárcere remata o vindeiro 15 de xaneiro polo que o uso do hall da cárcere (so se vai a abrir uns 100 metros cadrados) custa MÁIS DE MIL EUROS DIARIOS, máis que o hall dun cárcere en ruinas semella o hall of fame da NBA. INCA-PACES.

Mirade este enlace:
https://proxectocarcerecorunha.wordpress.com/…/xornadas-ab…/

Como as obras foron unha auténtica merda as compañeiras de Proxecto Cárcere levan máis dun mes currando, incluso CORTANDO A HERBA CUNHA FOUCE, nin sequera tiveron o detalle de deixarlles unha desbrozadora.

Enriba o problema legal, porque o inútil de Xiao Lapela non sabía que era preciso convocar un concurso público e pasouse medio ano facendo cagada tras cagada (prometeu a apertura do cárcere no primeiro trimestre… DO 2017). Por non falar da cagada que significa arranxar con cartos municipais un edificio que segue a ser propiedade do Ministerio do Interior, as gargalladas dos pepeiros cando firmaron o convenio todavía resoan nos módulos da prisión, os mesmos módulos que non imos ver porque está prohibido o acceso, xa que o edificio está completamente en ruinas.

Pero aínda hai máis, o señor Lapela e a señora Claudia ( máis coñecida como a señora encefalograma plano por motivos obvios) falaban da inseguridade das naves da Insumisa. Nin que decir ten que a seguridad do cárcere e moitísimo menor que a da Insumisa. Non o digo eu, o di a mesma empresa que fixo a obra, que por certo, é Construcciones Ángel Jove (sen comentarios).

As cidadáns coruñesas so podemos agradecer unha cousa á Malleira Atlántica: agora xa todas sabemos que os centro sociais e mellor costruilos CONTRA AS INSTITUCIÓNS E NON COLABORANDO CON ELAS.

Deixa un comentario