Este sábado 28 dende as 12:00 o ateneo estará na rúa pra logo rematar cunha charla no local, será o seu derradeiro evento antes da súa mudanza dende o barrio dos Mallos ata o Agra do Orzán, onde permanecerá un tempo inactivo por obras. Aqui deixamos a información do evento:
«Ateneo Libertario Xosé Tarrío, situado nos Mallos dende hai case 3 anos, desprazámonos á Agra do Orzán. Este será o derradeiro evento antes da mudanza (ademáis estaremos un tempo parados por obras), polo que decidimos facer algo especial na rúa:
A partir das 12:00 teremos sesión vermú na Praza de Monforte en compañía das pandeireteiras do Centro Social A Comuna.
A partir das 14:00 faremos xantador vegano con algo de música (tanto improvisacións de xente que queira unirse como de un grupo de compañeiros de Sevilla).
Ás 20:00 haberá unha charla no interior do ateneo sobre o impacto ambiental dos plásticos.
Agradécese un montón a difusión, vémonos!»