Breve resumo da Renda Básica dos Iguais

Moita desta información a obtiven do libro “Todo sobre la Renta Básica: Introducción a los principios, conceptos, teoría y argumentos”  de Baladre. O resumo é moi cutre, quen queira saber máis que acuda o debate sobre Renda Básica deste xoves no Ateneo Libertario Xosé Tarrío, ou que lea o libro que tamén temos no Ateneo.

 

 

A Renda Básica defínese como o dereito que ten cada cidadán para percibir unha cantidade periódica sen ningunha condición que o limite. É dicir, polo mero feito de existir unha persoa, xa ten dereito a que a sociedade lle proporciones os medios materiais que necesita para sobrevivir con dignidade.

O concepto de renda básica acuñouno José Iglesias Durán ao traducir o concepto “ basicincome” do belga Philippe van Parijs. É importante destacar que en español tradúcese, a día de hoxe, como “renda” e non como ingreso ou como salario, como se traducía ao principio.

A diferenza é máis importante do que poida parecer. O termo salario implica unha contraprestación (un pago do empresario ó traballador por un labor realizado). O concepto renda fai referencia a un aluguer ou unha cesión do dereito do uso.

Este último termo é moito máis apropiado, xa que, a idea central da renda básica é que os medios de producción, os recursos enerxéticos e os recursos naturais como a terra, o mar ou o aire, así como os coñecementos, os descubrimentos e os avances científicos acumulados ó longo da historia perténcennos a todas, non só ás que dispoñen delas, polo que os defensores desta teoría entenden que é xusto que todas nós cobremos unha renda sobre a riqueza xerada.

O termo “básico”, a diferenza do que se adoita pensar, non fai referencia ao ingreso que precisamos para satisfacer as necesidades básicas, senón que se emprega porque é a base de partida á que se lle engaden os demais ingresos que cada persoa poida ter.

Condicións mínimas:

-Individual: concedese a toda persoa polo menos a partires dos 16 anos.

-Incondicional: non esixe ningunha contrapartida, nin laboral, nin de formación, nin burocráticas. Tamén é independente de calquer outro ingreso que se reciba.

-Cuantía mínima: umbral da pobreza, é dicir, o 50% da renda per capita. En España no 2017 serían 12 500€ anuais.

Ventaxas:

Proporciónanos seguridade o ter garantida esta renda e liberdade, xa que non somos escravas do mercado laboral capitalista.

-Mecanismo para a redistribución da riqueza.

-Maior capacidade de negociación colectiva: rechazar traballos lixo ou que simplemente non nos interesen, maior forza á hora de emprender unha folga,etc.

-Non hai estigmatización: todos os subsidios refúndense nesta renda polo que se elimina a estigmatización que supón a día de hoxe o cobralo.

-Menos burocracia, redúcense custos: non hai inspección, acoso das institucións, control do estado.

-Ferramenta para combater o capitalismo.

-Garante autonomía muller ante a discriminación que padecen no mercado laboral actual.

Tamén desde a dereita apóiase algunha caricatura da renda básica como o imposto negativo e outro tipo de rendas básicas débiles por estes motivos:

-É inviable conseguir unha liberalización total do mercado se non se garante a supervivencia dos excluídos do sistema de produción.

-Non hai traballo para todas e no futuro menos: mecanización, robotización, incremento da produtividade, necesidade de decrecer por problemas ambientais e falta de recursos enerxéticos.

-Menor conflitividade social.

-Xustificación do sistema, incrementa a súa viabilidade e a súa lexitimidade ante a sociedade.

Críticas:

-contradi a lóxica do socialismo real (obviamente refírome á doutrina que predica a destrución da propiedade privada e o estado): segundo esta lóxica cada individuo, colectividade, comunidade, etc. goza da produción obtida co seu traballo. A renda básica supón a repartición equitativa do 50% da producción, independentemente de que se colabore ou non na obtención da mesma.

-Análise da xustiza distributiva ignorando interdependencia entre produción e distribución, centrándose só na distribución.

-Influencia excesiva da doutrina marxista.

-Pode xerar inflación incontrolada ó incrementarse a oferta global pola maior capacidade de consumo de millóns de cidadáns.

-Fomenta preguiza.

-Inxustiza que pode supoñer o vivir do esforzo dos demais (hai que lembrar que a renda básica é independente do índice do paro ou das condicións laborais. Este ingreso manteríase aínda que houbese pleno emprego e desaparecese a explotación laboral).

-Inviabilidade: non hai pelas para implementala.

-Se só se implementa nun país, dificultade de xestionala para que o efecto chamada non a faga inviable.

¿Cómo se financia?

Máis aló de marear con que gastos superfluos temos hoxe en día ou que novos ingresos pódense conseguir, creo que é mellor falar das grandes cifras para a súa simplificación:

A renda básica supón o 50% do PIB.

A este 50% hay que engadirlle como mínimo os seguientes gastos:

-sanidade 6%PIB.

-Ensino 4%.

-Pensións que superen a cuantía da renda básica 3,5%

-Soldos empregados públicos 12%

-Varios: infraestructua, I+D, mantenimento espazo público, etc. 10%.

Como podedes ver, sería necesaria unha presión fiscal de polo menos un 85% para cubrila, cando a presión fiscal actual de España é do 34% e mesmo a de Dinamarca non chega ao 50%. Segundo os meus cálculos é difícil imaxinar unha renda básica universal de máis de 4000€ anuais, un pouco máis se se reduce o excesivo número de funcionarios públicos que eu entendo que temos , pero en calqueira caso dificilmente chegaría ós 5000€ anuais.

Ao meu entender, a renda básica no canto de ser unha concesión monetaria debería proporcionarse en concepto de bens: vivenda, comida, roupa, outros artigos de primeira necesidade, etc. o cal sería moitísimo máis realista. Non creo que a día de hoxe a alguén se lle ocorra que en España ou Galicia non é posible garantir os artigos de primeira necesidade para todo o mundo. Unha vez garantidos os mesmos, poida que unha renda básica de 4000-5000€ anuais parézanos suficente.

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.