MAREA ATLÁNTICA MINTE… (vaia sorpresa)

MÁIS PROBAS CONTRA AS MENTIRAS DA MAREA:
seguimos co inxente traballo de desmontar as mentiras da Marea (casi infinitas) e proporcionar a información que o goberno da «transparencia» non nos quere facilitar.

Neste artigo da Coz, a parte de amosar con datos a incompetencia de Marea Atlántica e sí, a parálise total desta cidade en cantos proxectos cun mínimo de interés para a cidadanía, desmóntanse 2 das mentiras máis repetidas dxs concelleirxs repecto o desaloxo da Insumisa:
1) Se non facemos a obra de Fomento teremos unha sanción inaumible e meteran no cárcere a Xiao Varela por prevaricación:
como podedes ver Marea paralizou a obra do Remanso adxudicada á empresa Desarrolla por 950 000€ (casi o mesmo que a obra de Fomento para a Comandancia de Obras, comparade o tamaño do Remanso co da Comandancia de Obras, atentas a sobrecostes e posibles complicacións) e a única consecuencia foi o pago dunha sanción de 23 000€. Auténtica calderilla se o comparamos coas partidas presupuestarias do Concello e o que gaste en auténticas memeces.
Obviamente ningún concelleiro foi acusado de prevaricación.

2) Hai tempo para abrir as Naves do Metrosidero:
as obras exteriores do edificio do polideportivo de Castrillón xa remataron hai ano e medio. O Gadis xa rematou as súas obras interiores e abriron as portas hai máis dun ano.
O Concello todavía nin sacou a concurso público as obras de remodelación internas que lle corresponden e semella imposible que o Polideportivo se abra antes de finais do 2019 (3 ANOS DESPOIS DA FINALIZACIÓN DAS OBRAS EXTERNAS DO EDIFICIO).

Si facemos o mesmo cálculo para as Comandancias de Obras, as obras externas rematarán en outubro do 2019 e as supostas NAVES DO METROSIDERO ABRIRÍAN A FINAIS DO 2022!!!

Con razón ningún cidadán quere ir ás chorra reunións deste proxecto de merda.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2018/07/12/piscina-castrillon-tampoco-estara-lista-durante-mandato/0003_201807H12C1995.htm

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.