O éxito do “proceso participativo” das Naves do Metrosidero

Hoxe sábado 7 tivo lugar no Centro Cívico da Cidade Vella ás 10:30 o 4º encontro “do proceso participativo para definir o proxecto das Naves do Metrosidero”, ou ese é o nome que lle dan a reunión nos correos enviados ás persoas interesadas con 3 días de antelación.

Pois ben, como outras veces, varias persoas movilizáronse pra lembrar á xente de Malleira Atlántica que as súas mans están manchadas de sangue e que non van poder marcarse un Pilatos e lavalas coa falacia das Naves do Metrosidero, e menos tendo 5 compañeiros imputados polo día do desaloxo.

Así foi que hoxe ás 10:00 reuníronse unhas oito persoas (se pensas que oito son poucas, continúa lendo) cunha pancarta na que se podía ler “A luita é o único camiño” e varias fotografías en a3 a cor das lesións causadas pola policía local, agardando a entrada dxs concelleirxs que tanto entusiasmo amosaban ó comezo co seu gran proxecto de CIDE- digo… das Naves do Metrosidero. Mentres se agardaba, viuse como entraban persoas de Marea: Natalia Balseiro (conselleira de Claudia Delso), Carlos Nogueira (da coordinadora de Marea Atlántica) e a fotógrafa de Marea entre outras.

Daban ás 10:30 cando apareceron 3 ou 4 coches da Policía Local a preguntar canto tempo se quedarían as persoas manifestándose coa faixa, que según eles pasaban coches e estábamos a cortar o tráfico (curioso porque en 30 minutos eran os únicos que pasaron co coche, ademáis de que acto seguido aparcaron impedindo definitivamente o paso de vehículos polo mesmo sitio, lóxica de madero), ó que se lle respondeu que ata que viñeran os concelleiros e concelleiras. Isto foi un fallo porque ó parecer ditos individuos xa non asisten ás reunións do proxecto, xa que ás 10:45 tomouse esta foto dende a sala onde se reunía a xente: como se pode ver só había 7 persoas, case a metade pagadas por Marea (incluíndo as persoas antes citadas).

Este é o éxito das das Naves do Metrosidero, esta é a pluralidad da Área de “participación e innovación democrática” que firman como “SERVIZO MUNICIPAL DE MOCIDADE”  cando, como vedes, de mocidade nada; en calquera asemblea da Insumisa achegábase máis xente, incluindo chavalada pra facer as súas cousas (festas de electrónica, muráis, obradoiros de breakdance, concerto de rap, rampas de skate…). Pregúntome se sairá na prensa unha foto así, pois cando facían as presentacións e acudía máis xente (entre a que había persoas da zona pra queixarse ou xente da Insumisa pra facerse oír) sí que sacaban fotos pra presumir de poder de convocatoria á vez que non daban turnos de palabra (ou, cando os daban, non respondían ás preguntas).

En fin, aquí queda isto pra quen se preguntara como vai o super-mega-proxecto pra a mocidade da Coruña: 7 acólitxs mareantes repartíndose o cadáver da Insumisa.

Mentres, nós seguiremos nas rúas,
A LOITA É O ÚNICO CAMIÑO!!!

J.

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.