Stop represión aos centros sociais, criminalización da okupación e resistencia.

Comunicado do CSO A Insumisa:

O pasado martes 20 de xuño un compañeiro solidario co Centro Social Okupado da Insumisa en Coruña, foi levado preso (prisión preventiva) ao cárcere de Teixeiro por ser presunto culpable de delictos de atentado á autoridade e sedición.

É a primeira vez que un mozo ingresa en prisión preventiva en Galiza por participar dunha concentración a favor dun centro social, no que a policia cargou contra a xente que se aproximou a este (incluídos nenos e anciáns) e quenes optaron por defenderse dos porrazos hoxe están perseguidos.

O desaloxo tivo lugar o día 23 de maio e case un mes despois ordearon a detención de varias persoas na rúa soltando a un horas despois, outros en búsqueda e un rapaz secuestrado case unha semana violando a súa presuncion de inocencia e dereito a defensa.
A xuíza que da esta orde está de garda nese momento, e en principio acepta as propostas de acusación da fiscalía e a policía nacional, incluídos os delictos de atentado e sedición, e ordea prisión preventiva sen fianza para o detido.

Na trama completa atópanse 5 mozos acusados de causas tan ambiguas como sedición, con peticións de penas de carcere de ata 15 anos.

Quen orquestra este ataque aos movementos asamblearios e horizontais radicais?

Dun lado, parece claro que está a man do Ministerio de Defensa e altas esferas centralistas. A Insumisa era un antigo edificio do cuartel militar das Atochas de Coruña, abandoado e en tramites de cesión ao concello de Coruña, pero un símbolo do poder militar que un grupo de mozas okupa e revitaliza xusto nas narices do cuartel en activo do exército.
Demasiado insoportable que un grupo autoxestinado, de veciños, skaters, anarquistas e xente contestataria, dea vida a algo que o exército e o estado non soubo manter, e que trunca os plans propagandísticos destos estamentos perante a cidadanía da Coruña.
O outro actor que aparace neste pulso mediatico é un goberno de teórica renovación popular, saído das bases dos movementos sociais da cidade, partidos “renovados” de esquerda e partidos de nova creación de xente “indignada” polos abusos…
… que de súpeto morden o anzol máis suculento que lle podían brindar para seren os “Renovadores” da cidade: 1 millón de euros para construir un super-mega centro social modernísimo para que os cidadáns da Coruña participen na politica da cidade, e se non se da o caso de participar en política, pois nunhas cantas actividades culturais. Entre as que se proxecta chamar aos patinadores que xa crearon o seu espazo social na Insumisa, para ofertarlles outro máis moderno e que abandonen a autoxestión e abracen a papa estado e aos seus cartos adormecedores.

Marea Atlantica, quere o peixe enteiro, con escamas. Con tódalas espiñas.

Aceptan “non desperdiciar a oportunidade para axeitar a cidade”. A cambio aceptan tamén limpar o lugar de okupas e colectivos autoxestionados. Esto fai Marea dende que fichou para sentarse en butacas aos que se movilizaban nos colectivos de barrio, pero agora da un paso máis.

Comeza facendo propaganda desta “oportunidade”, a desprestixiar a molesta postura dos radicais en reunións con outros centros culturais e sociais da cidade e nas paxinas da prensa local. Vende o “seu” proxecto pouco a pouco, sen dar voz ás okupas nada máis que nunha derradeira reunión, días antes de que comece a tramitarse o prazo de solicitude de comezo das obras, con outros centros sociais nos que xa calara o discurso da oportunidade.

O seguinte paso é ser artífice principal no desaloxo, poñer prazos, convencer aos grupos que usaban a Insumisa para que abandoen o espazo e como colofón, levar a aparente responsabilidade do uso da violencia: a policia local suplantando a labor da policia capitalista; veciños da propia cidade militarizada para a ocasión. Acto que debuxa como se vai militarizandoa nosa contorna en aumento, acostumando máis e máis á sociedade á presenza de militares de diversas cores nas súas rúas.

Limpar Coruña coa imaxe do “cambio”. Deixando ben claro o tipo de renovación que queren facer: aparentar que o poder non ven de tan arriba se non de aquí mesmo, dos veciños que eramos, dos que traballabamos cóbado con cóbado nos coletivos de barrio…

Apariencias que son ilusións. Marea da o visto bo e faille o traballo suxo ao poder militar, que non quere ver como un lugar símbolo do autoritarismo se reformula nun lugar símbolo da horizontalidade.

Pero por se índa isto fora pouco, Marea tiña que pringarse un pouco máis. Os que manexan os fíos, os que poñen a pasta, non poden aceptar que un partido local quede ben diante dos seus veciños dándolle un barniz de luxo a un espazo abandonado.

O poder sempre reserva unha bala para quen colabora con el.

Marea xa non pinta nada despois do despexo. Coa careta da xustiza os que urden esta montaxe acusan a 5 rapaces de seren violentos alborotadores, case-terroristas… ou mellor: sedicionistas. Que atentan contra o estado mesmo, que ousan respostar á violencia policial e interfiren na súa labor beneficiosa.

E esta afrenta, impensable na era da democracia, ten que pagarse cara: por exemplo 15 anos no caldeiro. Algo ben esaxerado, para que desta vez Marea teña que dar a cara de novo fronte á súa xente. Ou ex-xente. Para que saian a defender a estos sedicionistas perversos e así perdan credibilidade perante esa xente máis conservadora e individualista, que estaban colléndolle afecto, e perdan credibilidade nos sectores máis progres que estaban vindo, cumprido? o soño de conseguer o poder dende “a base”.
E se por casualidade seguen mantendo “o poder” no concello desta cidade, que saiban que deben favores polas inversións extra, que as cousas que valen pasta teñen “un custo social” desagradable. Para que se vaian acostumando ao que “o poder” esixe.

Quen siga confiando na axuda desinteresada do estado, ou dalgún dos seus ministerios, que revise as historias nas que os partidos politicos se adicaron a fichar xente nas asambleas veciñais, nos comités de empresa ou nos sindicatos… para darlles un salario e mantelos atados con longanizas.

Ás que non confiamos nos “cambios dos partidos” ou, neste xogo de poderes:

Queren seguir amedrentándonos con porrazos e cabezas abertas primeiro. Con detencións inesperadas, peticións penais abusivas, multas e agora con prisión preventiva e acusacións como a sedición.

Queren usar as novas ferramentas xudiciais e legais que van aprobando, como a lei mordaza para atragantarnos a multas, e as vellas leis que sobrevivien a monarquías, ditaduras e democracias parlamentarias para demostrar que o estado é o que manda, e sempre será un Estado policial, control de calquera movemento de rúa con todas as armas que se poidan usar, sen importar a súa desproporcionalidade.
As politicas do terror cara todo movemento de resistencia anticapitalista proban unha vez máis ata onde aguantamos, ata onde temos capacidade de resposta, onde poden apalear a mendigas, migrantes e emigrantes, mulleres, paradas, pobres, estudantes, traballadoras, pensionistas, okupas, politicas de partidos minoritarios…

Quen se atreve a non condenar aos violentos que se defenden da policia atacándolles tamén? Quen non está disposto a repetir a palabra terrorista, ou sedicionista, ou antisistema violento, ou anarquista (con ton de película de terror) ou independentista (con ton de violador do estado de dereito).

A diana é sinxela. Okupas radicais, antisistema, estraña xente sen oficio nin beneficio que recuperan un espazo abandoado pero que nin producen nin consumen no sistema. Diana necesaria do burgués.
Difícil asimilar que camiñamos cara o fascismo, cara a ditadura, que con outro nome máis aparente esteamos superando certas cotas de represión de anteriores totalitarismos, como por exemplo que nos anos 70 houbera 20.000 presos no estado español e agora se superen os 80.000.

O único camiño para invertir estes termos foi sempre sair ás rúas a movilizarnos, compartir o medo coa veciñanza de aoa lado, usar a imaxinación e ilusión, rirnos e enfrontarnos cos homes grises, tendo claro que seremos máis felices cando nos repriman que autoreprimíndonos. E confiar na compañeira e veciña antes que en calquera partido e voto delegado.

SOLIDARIEDADE COAS REPRESALIADES DA INSUMISA

NIN CARGAS POLICIAIS NIN MONTAXES XUDICIAIS

A nosa loita e para que se deixen libres de cargos aos veciños e compañeiros que defenden os espazos autoxestionados.

Para que nos deixen en paz crear dende a base en vez de vir a pisarnos ou financiarnos.

NON QUEREMOS OS SEUS CARTOS NIN AS SÚAS POLíTICAS SOCIAIS

Deixa un comentario