Marea Atlántica: isto é unha ameaza?

Unha auténtica mágoa. Onte celebrouse a histórica comisión de seguridade na que 2 xigantes, 2 fenómenos, 2 cracks do fascismo coruñés, cóbado con cóbado, deron as súas delirantes versións do acontecido o día do desaloxo- carnicería da Insumisa e por moito que busco na internet, non enontro nin unha triste foto!!!

Póñovos en situación para os que andedes perdidos (supoño que todo o mundo porque con este goberno do “cambio” a transparencia e a información brilla pola súa ausencia). Onte compareceron na Comisión de Seguridade do Concello a concelleira de Inseguridade Rocío Fraga Iribarne, si, esa activista super chachi que se pasou 15 anos mal metendo en todos os movementos sociais desta cidade e dando leccións de purismo, e José Antonio Brandariz, xefe da policía local de Coruña elixido a dedo polo PP de Carlos Negreira, coñecido nas propias filas da policía local como o “antidisturbios frustrado”, coñecido nos movementos sociais como o psicópata de Elviña pola brutal represión exercida o día do desaloxo de Álvaro Corral, tamén coñecido como “Orella podrecida” por motivos obvios.

Aí é nada, a flor e nata da represión coruñesa xunta, os supercampións da brutalidade policial, os adaíles da represión máis absurda e as cabezas abertas. Sobre o explicado na devandita reunión pouco podemos saber. Obviamente nada se di respecto diso nas redes sociais de Marea Atlántica, están demasiado ocupados na súa permanente campaña electoral como para preocuparse de informar sobre istas “ menudencias”. Obviamente tampouco se retransmitiu en streaming, en streaming só se retransmiten os paripés cos que esperan conseguir votos. Ante tanto segredo non queda máis remedio que recorrer á Coz de Malicia, ese panfleto de extrema dereita no que ninguén cre (salvo os de Marea Atlántica que levan 2 semanas sacando peito porque unha enquisa de Sondaxe dilles que van  gañar as eleccións do vindeiro ano, buffff).

Aquí tedes o enlace da nova:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2018/06/09/maria-pita-niega-responsabilidad-desalojo-okupas/0003_201806H9C1995.htm

E di cousas tan interesantes como:

“En todo caso, no hay imágenes que prueben que las lesiones las causaron agentes locales, por lo cual, no se puede demostrar que estos empleasen la violencia con resultado de heridos”.

“No fueron identificadas las dos jóvenes que se subieron al tejado, pero sí otras cinco personas, por distintos motivos, que podrían acabar denunciadas, como lo fueron los que pasaron en coche pitando en señal de apoyo”.

Mentres desde Marea Atlántica non fagan público as gravacións que desmintan estas aberracións, haberá que supoñer que se corresponden coas auténticas declaracións de Rocío Fraga Iribarne.

Desde a Irmandade dá Costa lembrámoslle  ós mareantes que non nos asustan nin as súas porras nin as súas multas, e xa que tanto lle gustan as imaxes á concelleira Rizlinha (a que se autodefinía como linda, livre e loca…o que hai que ver!!!) , imos despedirnos con unha imaxe:

Tamén,  a quen se lle ocorre poñer o local a pé da rúa? O próximo local nun 5º sin ascensor.

 

 

Deixa un comentario