Proxecto Cárcere por fin consegue as chaves do cárcere: 509 días despois!!!!!!

Ista é a “maravillosa” entrada que nos atopamos no Facebook da Marea Atlánticade hoxe:

“Por fin, o antigo #cárcere da Torre xa está en mans da cidadanía. Custou máis do previsto, pero co remate das primeiras obras e a sinatura da cesión, Proxecto Cárcere xa pode comezar a desenvolver actividades no edificio.

🔗 Rescatamos o que foi un espazo de represión, un patrimonio abandonado durante décadas, para devolverllo á cidade. Prometémolo e#AMareaCumpre”.

Lástima que eu teña máis memoria ca eles. Mirade o que dicía Xiao Varela o 3 de xaneiro de 2017 na Cadena Ser:

http://cadenaser.com/emisora/2017/01/03/radio_coruna/1483451252_433795.html

“nos contamos con que o edificio entre en uso a curto prazo, primeiro trimestre… finais do primeiro trimestre do ano pero dunha maneira gradual(refírese ao 2017, non vos despistedes)” .

15 meses máis, 15 meses menos.

Pero máis divertido todavía foi esta foto do 30 de xaneiro deste ano extraída do mesmo Facebook Mareante:

E este era o texto que o acompañaba:

“Nos #MundosParalelos, é posible rematar unha obra que foi suspendida. E pode rematala unha empresa que renunciou ao contrato.

Seica mediou algunha solicitude de #rectificaciónpara aclarar as cousas”.

Que felices estaban os mareantes por pillar a La Coz de Malicia nunha manipulación (nin que fose tan complicado!!!), o problema é que si o cárcere  xa tiña a primeira fase das obras rematadas…por qué tardou 129 días máis en abrir as portas? Ou mellor aínda, por qué tardou 129 días en abrir o 2% da superficie total do cárcere? Lembrar que de momento so se poden empregar 100 metros cadrados dos 5000 que teñe o cárcere. Por incrible que pareza, ata a información da Coz de Malicia é máis fiable que a do Concello.

Pero aínda hai máis, o PP puxo unha denuncia no xuzgado por entender que houbo irregularidades na concesión do concurso público, algo máis que probable, xa que o inútil de Xiao Varela nin sequera sabía que era preciso a celebración do concurso e fixo cagada tras cagada. A consecuencia destas cagadas é que o cárcere pode pecharse de novo en calqueira momento si un xuiz o entende preciso e, o que é aínda máis grave, é posible que compañeiras de Proxecto Cárcere teñan que declarar no xuizo, por unhas supostas faltas das que non teñan culpa ningunha.

Este parágrafo aparece una web do PP:

“Además, Xiao Varela se reunió con Proxecto Cárcere en diciembre de 2016 para comunicarles la cesión del edificio por parte del Estado y el 22 de diciembre se reunieron miembros de este colectivo con Varela y la concejala de Participación, Claudia Delso, a quienes les explicaron su proyecto de usos y entregaron copia de su proyecto”.

Non ten boa pinta o asunto.

A lección é clara, os centros sociais, canto máis lonxe dos partidos políticos en xeral e da Marea Atlántica en particular, moito mellor.

 

 

 

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.